O patrimonio xudeu é o protagonista dende hoxe e ata o domingo en Tui. Esta tarde comezan na cidade as Xornadas Europeas da Cultura Xudía que se celebran de xeito simultáneo en 34 países, e en España en 11 cidades, unha delas Tui.
Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, falounos da importancia de conservar e recuperar o patrimonio que ten Tui en relación coa cultura xudía.