Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Emilio Rodríguez, de Terras Gauda - Campaña de vendima 2017
    As características meteorolóxicas que marcaron este ano con tempo seco están facendo que se adiante a vendima nalgunhas zonas de Galicia.
    As primeira uvas son habitualmente as das Rías Baixas, dando o pistoletazo de saída O Rosal e O Condado, onde xa normalmente a maduración se produce antes. Tivemos a ocasión de falar con Emilio Rodríguez, director técnico de Bodegas Terras Gauda, que nos explicou como se presenta a campaña de vendima para este ano.
    3 min
  • Ent. Carolina Guerrero, Alba Martínez e Vanesa Rodríguez, de ACD Xuntanza - XXXI Carreira Popular de Randufe
    Na parroquia de Randufe celebran este domingo, 27 de agosto, a XXXI Carreira Popular, unha proba con distintas categorías e un percorrido máximo de 8 km. A cita comezará ás 10 da mañá no adro da Igrexa, ainda que para recoller os dorsais a organización estará no punto de encontro dende as 8.30h.
    Falamos con Carolina Guerrero, Alba Martínez e Vanesa Rodríguez, da directiva da Asociación Xuntaza, que organiza a proba, e que nos contaron como se vai desenvolver.
    10 min
  • Ent. Víctor Pérez Bugarín - Festival Arraianos
    Dende a organización do Festival Arraianos, que vai ter lugar en Tui do 8 ao 10 de setembro, seguen ultimando detalles e dándonos conta de como se vai desenvolver a segunda edición deste evento. Falamos con Víctor Pérez Bugarín, que nos falou das posibilidades para participar no banquete medieval e das entradas para a Survival Zombie, entre outras moitas cousas.
    7 min
  • Ent. David Vila e Manel Riveiro, presidente e vicepresidente de ADETO - Festa das Asociacións de Tomiño.
    Mañá sábado e o domingo celébrase en Tomiño a V Festa das Asociacións organizada por ADETO, a Asociación de Comerciantes de Tomiño.
    O programa previsto comezará mañá sábado ás 10.30h coa apertura da Feira de Oportunidades e Artesanía. Contóunolo todo David Vila, presidente de ADETO.
    Amais o sábado pola noite na praza do Seixo haberá unha Barbería Solidaria. Desta iniciativa falamos con Manel Riveiro, vicepresidente de ADETO e encargado desta proposta.
    10 min
  • Ent. Álvaro Costas - Mitic, el espectáculo
    Mitic, el espectáculo chegará mañá ás 22.30h á rúa Lugo de Tui dentro da programación da Festa do Miño. Un espectáculo musical no que se interpretarán temas míticos das últimas década a ritmo de gaita. Así nolo explicou Álvaro Costas, un dos quince músicos que estarán sobre o escenario.
    5 min
  • Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 18 e 19 de agosto
    Nova fin de semana cargada de música no Betún, na rúa Cuenca. Esta noite ás 22h teñen unha viaxe musical dende os anos 20 ata os 50 con influencias moi variadas da man de Art Zaldívar Gypsy Trío. Mañá a partir das 23.30h a noite terá ritmo noventeiro, de acid jazz, trip-hop e hip-hop mesturado coa electrónica de hoxe, será con Dj Nigga. Contóunolo todo Jorge Aldir.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…