Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juanjo España, do C. Actividades Acuáticas Minho, e L. Alonso, concelleiro de Deportes - VII Travesía Eurocidade
    Este domingo, 20 de agosto, celébrase a VII Travesía a Nado da Eurocidade organizada pola Eurocidade Tui-Valença, o Club Natación Eurocidade Baixo Miño / Actividades Acuáticas Minho
    A inscrición para a travesía está aberta ata mañá venres ás 20h, aínda que tamén se poderá facer no mesmo día. No caso dos menores de idade deberán entregar unha autorización dos pais ou titores. Falamos con Juanjo España, xerente do Club Actividades Acuáticas Minho, que nos explicounos a forma de inscrición e tamén en que vai consistir a travesía, e con Laureano Alonso, concelleiro de Deportes do Concello de Tui.
    12 min
  • Ent. Dino Pacio Lindín - Profesor univesitario nos Estados Unidos
    Hoxe falamos con Dino Pacio Lindín, coñecido como Dino de Ximil, galego natural de Pastoriza, en Lugo, que foi profesor nas universidades de Rochester e Forham, así como na Universidade da Cidade de Nova Iorque (CUNY) e do Estado de Nova Iorque (SUNY). Defensor dos dereitos dos inmigrantes e promotor do galego como lingua oficial, foi fundador e director de programas culturais, sociais e educativos como o programa televisivo emitido en Nova Iorque Solidaridade Humana.
    28 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Festa do Monte
    A Guarda vive a súa semana grande coas Festas do Monte. Por este motivo falamos hoxe co seu alcalde, Antonio Lomba, que convidou a achegarse á Guarda na fin de semana e disfrutar tanto mañá do desfile de bandas coma o domingo da romaría, e do resto da programación prevista.
    8 min
  • Ent. Enrique Domínguez, adestrador do Teucro - VI Torneo Eurocidade de Balonmán
    Mañá sábado o novo pavillón de deportes de Tui acolle, dentro das actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença, o VI Torneo Eurocidade de Balonmán. Ás 19h xogarán os equipos femininos do Balonmán Porriño e o SAR de Redondela. Mentres ás 20.30h enfrontaranse os equipos masculinos do Condes de Albarei Teucro e o portugués Aguas Santas. A entrada será de balde.
    Precisamente hoxe falamos co adestrador do Teucro, Enrique Domínguez, quen deu conta de que este partido forma parte da pretemporada do equipo.
    7 min
  • Ent. Andrea Costa e Víctor Pérez Bugarín, de Arraianos - Festival Arraianos
    O Festival Arraianos terá lugar en Tui os días 8, 9 e 10 de setembro. A organización está poñendo todo a punto e esta semana, concretamente o venres, pechanse as solicitudes para participar como servinte no banquete medieval e para os locais interesados en ter un posto no Mercado coas receitas de poñente de Xogo de Tronos.A directora deste festival, Andrea Costa, e Víctor Pérez Bugarín, membro da Asocación e colaborador do evento, contáronnos como están a ser os preparativos.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…