Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Martinez Tato, pte. AndaTui e concelleiro Medio Ambiente - Ruta hª e limpeza
    Este sábado celébrase a andaina III Ruta Histórica dentro do circuíto de andainas da Eurocidade. A inscrición está aberta en www.andatui.es. José Martinez Tato, presidente do club AndaTui explicounos o percorrido a realizar. Amais coma concelleiro de Medio Ambiente fixo fincapé na importancia de reciclar para lograr en 2020 o obxectivo de reciclar o 50% do lixo que xeramos. Nese senso facía un chamamento á colaboración da cidadanía.
    13 min
  • Ent. Julio Domínguez e Irene Gómez - Curso Tamara Brooks
    Preto de 90 alumnos comezarán mañá en Tui as clases do curso de verán "Tamara Brooks" de Dirección, Canto, Coro e Orquestra de cordas que chega a súa 28ª edición, e que dende o 2010 ten a súa sede en Tui.
    Julio Domínguez, de Camerata Ad Libitum, organizadores desta actividade, xunto a Irene Gómez, unha das profesoras, explicaba precisamente as características deste curso.
    Máis alo da actividade formativa o público poderá disfrutar dos dez concertos previstos dende mañá mércores 2 ata o venres día 14 de agosto.
    17 min
  • Ent. Ana Sánchez e Pepín Solleiro, Asociación Protectora de Animais Aloia - Balance 7 meses
    A Asociación Protectora de Animais Aloia leva 7 meses de instenso traballo dos que estivemos a falar con Ana Sánchez, a súa secretaria, e Pepín Solleiro, tesoureiro da Asociación. Na actualidade contan con aproximadamente 140 socios e 14 voluntarios, pero fan un chamamento á cidadanía para lograr máis participación. Este xoves, 3 de agosto, estarán na praza da Inmaculada para facer ver aos che se acheguen unha pequena mostra do seu labor.
    21 min
  • Ent. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense - Non hai piraguas en algueiro para o Descenso Popular do Miño
    Xa non quedan piraguas en aluguer para o Descenso Popular do Miño que o sábado 19 de agosto vai celebrar a súa sétima edición. Será un dos eventos que teñan lugar dentro da Festa do Miño, unha data na que deporte e lecer van da man ao longo de toda a xornada.
    Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense, confirmou esta mañá que o venres esgotáronse as piraguas en aluguer e que ata o 13 de agosto aínda se poden inscribir aqueles que participen con piragua propia.
    8 min
  • Ent. Dean Fletcher, pte CC de la Fuente - Campionato de Galicia de Ciclismo Máster
    Tui acolle este domingo o Campionato de Galicia de Ciclismo Master no que se darán cita 170 participantes de toda a xeografía galega. O evento está organizado pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Ciclista de la Fuente coa colaboración do Concello de Tui.
    A saída está prevista ás 10.30h dende o Paseo da Corredoira e a liña de meta estará neste mesmo punto tras completar 52 quilómetros os participantes das categorías Master 50 e Master 60, e 84 quilómetros os de Master 30 e 40. A chegada prevese espectacular ao sprint dende a Avenida da Concordia. Así o explicaba Dean Fletcher, presidente do Club Ciclista de la Fuente.
    13 min
  • Ent. Fran Ramírez de Acción Católica - 1.200 peregrinos en Tui
    Esta tarde chegarán 1.200 peregrinos de máis de 50 dióceses a Tui, onde pasarán a noite para iniciar mañá a primeira etapa do Camiño de Santiago. Hoxe ás 21.30h terán un acto de acollida na praza de San Fernando. Trátase dun encontro pensado como actividade previa a Asamblea que Acción Católica celebra a próxima semana en Compostela. Falamos con Fran Ramírez, responsable de mozos da Comisión Xeral de Acción Católica, que nos deu os detalles sobre a organización desta iniciativa.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…