Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Suso Vila, historiador - Visitas culturais á cidade histórica de Tui
    Este martes deron comezo as visitas guiadas de balde que organiza o Concello de Tui polo casco histórico. Suso Vila, historiador tudense que se encarga desta iniciativa, explicounos en que van a consistir as distintas ofertas. De luns a venres hai unha visita ás 12h para coñecer a cidade medieval e outra ás 20h ao barrio xudeu. As fins de semana e os días festivos haberá unha única visita con percorrido pola cidade histórica.
    9 min
  • Ent. Juan Boo, Lolo Alonso e Silvina Bouza - Colectivo contra a moción de censura
    Ás oito e media desta tarde o colectivo contra a moción de censura en Tui convoca unha concentración diante da casa do concello. Así nolo contaron Juan Boo, Lolo Alonso e Silvina Bouza membros deste colectivo.
    Dende hai quince días comezaron a recollida de sinaturas en apoio ao manifesto que emitiron contra a presentación dunha moción de censura. Levan xa recollidas máis de mil sinaturas que mañá teñen a intención de entregar no pleno ordinario da corporación municipal.
    6 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Suspensión das negociacións para a formación dun goberno alternativo
    Converxencia 21 acordou onte en reunión extraordinaria suspender as negociacións para formar un goberno alternativo. Carlos Vázquez Padín, voceiro de C21, explicou hoxe os motivos que os levaron a tomar esta decisión. Agora esas negociacións para a formación dun goberno alternativo quedan en situación de impás ata a toma de posesión dos novos concelleiros, pero tamén existen outras precondicións coma son que eses concelleiros estean a favor da moción de censura e que exista amais un acordo programático.
    8 min
  • Ent. Carlos César Rodríguez, pianista - V Festival Internacional de Instrumentos de Tecla IKFEM
    Mañá clausurase o V Festival Internacional de Instrumentos de tecla da Eurocidade Tui-Valença con un recital ibero-americano da man de Carlos César Rodríguez. Falamos con este importante pianista sobre o que vai soar na Igrexa de San Domingos a partir das 22h de mañá, pero tamén do seu papel como profesor nas masterclases do festival e da experiencia como director dos dez pianos que soaron durante a inauguración do venres na vella ponte internacional.
    9 min
  • Ent. José Martinez Tato, concelleiro Medio Ambiente, e Manuel Gómez - Composteiros Comunitarios
    En 2020 debemos reciclar o 50% do lixo que xeramos. Na actualidade aínda estamos lonxe desa porcentaxe e só reciclamos o 18% do lixo. A instalación de composteiros comunitarios busca reciclar tamén o materia orgánica que deste xeito se converterá en compost. En Tui hai tres puntos de composteiros comunitarios, na Avenida de Portugal, na rúa Compostela, e na traseira da Área Panorámica. Este último punto vén de abrirse e por este motivo convócase aos veciños da zona a unha reunión informativa o mércores 26 ás 21h na Sala Xacobeo. Así nolo contaron hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, e o mestre composteiro, Manuel Gómez.
    12 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…