Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Carlos Estévez de Sen Amarras - II Campionato Inclusivo de Motonáutica
    Este sábado celébrase en augas do río Miño en Tui a terceira proba do II Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica organizado polo Club Sen Amarras e a Federación Galega de Motonaútico adaptada, Sodináutica.
    Carlos Estévez, do club Sen Amarras, deu conta esta mañá na nosa sintonía que o campionato comezou en 2016 cun total de 3 probas que este ano son xa cinco e seguirá crecendo o próximo ano.
    Este sábado a cita comezará ás 11h na rúa Olímpicos Tudenses diante do Centro Interfederado, onde os participantes terán que afrontar distintas probas. Haberá unha nova quenda dende ás 16h. Agardan preto de 15 parellas participantes de toda Galicia.
    7 min
  • Ent. Enrique García, comandante Naval do Miño - Festividade da Virxe do Carme 2017
    Este domingo, 16 de xullo, a Comandancia Naval do Miño celebra a festividade da Virxe do Carme, patroa dos homes do mar e da Armada, con diversos actos dos que hoxe deu conta o comandante naval do Miño, Enrique García. Ás 18h terá a misa solemne na Catedral, iniciándose a continuación a procesión ata a Comandancia Naval, onde a imaxe do Carme embarcará a bordo do Cabo Fradera. Este ano coma novidade participará tamén unha imaxe da Virxe do Carme de Valença que irá a bordo patrulleiro Río Minho. Participarán coma cada ano embarcacións deportivas e de recreo.
    8 min
  • Ent. Mila González, de Ciudadanos Tudenses - Balance de dous anos de corporación municipal
    A concelleira de Ciudadanos Tudenses, Mila González, valou hoxe os dous anos da corporación municipal. A nivel persoal recoñecía que estes foron dous anos difíciles por chegar nova á política. Agora tras a dimisión do seu compañeiro Manuel González, comeza unha nova etapa coma voceira de Ciudadanos Tudenses, partido no que seguirá. Sobre o equipo de goberno amousou a súa decepción pola falla de diálogo, sinalando que dende CST teñen proxectos que estaban dispostos a compartir. Por outra parte sobre a actual situación política recoñeceu que están en vías de diálogo con C21 de cara a formación dun goberno alternativo.
    13 min
  • Ent. Laureano Alonso, concelleiro de SondeTui - Balance 2 anos de corporación municipal
    Laureano Alonso, concelleiro de Son de Tui e responsable de Turismo, Deportes, Servizos Sociais, Novas Tecnoloxías e Medios de Comunicación, fixo balance positivo destes dous anos de goberno e repasou as actuacións realizadas en cada unha das súas áreas. Sobre unha posible moción de censura sinalou que hai que pensar no futuro de Tui e considera que esta operación política sería moi negativa para a cidade.
    27 min
  • Ent. Carmen Núñez, voceira BNG - Rolda 2 anos de corporación municipal
    A voceira do BNG,Carmen Núñez, fixo hoxe balance destes dous anos de corporación municipal de Tui , onde valorou o traballo realizado nas áreas de Patrimonio e Medio Ambiente, pero tamén en conxunto polo goberno municipal. Sobre a posibilidade de que se presente unha moción de censura dicía que é legal pero non xusta, porque no seu parecer merecen estar dous anos máis no goberno.
    20 min
  • Ent. Antonio Castro Negro, PP - Rolda 2 anos de corporación municipal e situación política
    Antonio Castro Negro, do PP, fixo hoxe un balance negativo destes dous do goberno municipal en Tui porque no seu parecer non hai plan de actuacións, nin planificación e non se marcaron prioridades. Falou tamén da actual situación tras a disposición dada a coñecer por Carlos Vázquez Padín de negociar un goberno alternativo a Tui. Afirmou que o diálogo está a manterse a nivel provincial, e indicou que ve lonxe a presentación dunha moción de censura.
    15 min
  • Ent. Alejandro Lorenzo - Programación Betún 7 e 8 de xullo
    Volve como cada fin de semana a programación cultural do Betún, na rúa Cuenca. Hoxe, 7 de xullo, a partir das 22h haberá a Jam Session habitual de cada primeiro venres de mes. Mañá a oferta continúa con dous concertos de rock a cargo de Taku e Trioceros. Deunos máis detalles Álex Lorenzo.
    3 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…