Carlos Vázquez Padín, de C21 mantivo conversas con membros destacados do Partido Popular nos últimos días, a iniciativa propia ante o descontento co goberno municipal cuatripartito.
Lembrou Vázquez Padín que dende C21 apoiaron a investidura sen condicionantes e coma mal menor. Pero lamentaba que dende o comezo do mandato non houbo un só pacto ou tento de pacto con eles por parte dun goberno en minoría, salvo nos orzamentos onde pedían a eliminación do imposto de plusvalía que non saiu adiante. Ante esta situación explicaba que buscaron unha alternativa pero con matices cunha dereita renovada, para o que mantivo tanto reunións co PP, coma con PP de Tui, APTUI e CST a nivel local.