O parador de Turismo de Tui acolle este sábado, 3 de xuño, a Festa do Peregrino organizada por ACITUI e +KArte. Haberá unha trintena de postos de artesáns, menú especial de 15€, e diversas actividades. Este é programa previsto.
- Ás 11.30h inauguración. Pregón a cargo de José Antonio Quiroga
- 30 postos de exposición e venda de produtos artesáns
- Photocall
- Postos de distintos albergues de Tui
- Ás 12h pandereteiras As D’Abadía de Caldelas
- Ás 12h obradoiro de Xoguetes tradicionais
- Pola tarde concurso de disfraces para nenos e adultos
- Karaoke
- Ás 17h contacontos “Contos do Camiño”
- Ás 18h Obradoiro de xoguetes tradicionais