Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Iván Alonso, padeeiro - Fará un alto na súa carreira deportiva esta temporada
    O padeeiro Iván Alonso, tras 23 anos dedicado ao piragüismo, e tras lograr tres campionatos mundiais, 2 pratas e dous bronces a nivel Mundial, amais de cinco medallas de ouro e dúas de prata en campionatos de Europa, fará este ano un paréntese na súa carreira.
    Hoxe conversamos con el, tras retirarse xa no Mundial de hai quince días, e anunciar o alto que fai na súa carreira. Na nosa sintonía explicou as sensacións desta temporada que non foron as axeitadas.
    13 min
  • Ent. Arantxa Giráldez, representante do Liceo Casino - Novas actividades e propostas do Liceo Casino
    Este ano académico comeza con novas propostas tamén no Liceo Casino, que presenta certos cambios cos que pretenden atraer máis xente ás súas instalacións.
    Entre as novidades principais están as reformas que se teñen feito nas pistas. Tamén a cafetería do Liceo Casino cambia o seu funcionamento e permitese o acceso a persoas que non son socias, e tanto socios como non socios poderán amais participar na maioría das actividades programadas para este ano. Arantxa Giráldez foi a encargada de darnos todos os detalles.
    10 min
  • Ent. Esther Sánchez - Concerto fin do verán organizado pola Asociación Cultural Betún
    A música dos Best Boy despedirá o verán mañá en Tui nunha iniciativa da Asociación Cultural Betún na que colabora o Concello de Tui a través das concellerías de Ensino e Cultura e de Patrimonio. A praza de Fromista será o escenario, en pleno conxunto histórico, dunha festa na que música e gastronomía irán da man a partir das 20.30h. Onte falamos desta iniciativa coa betuneira Esther Sánchez.
    3 min
  • Ent. Rafael Estévez, pte, da Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei - Festas da Virxe das Dores
    Esta semana celébranse as Festas da Virxe das Dores en Guillarei, unha das citas máis importantes da contorna e que practicamente pon o punto e final as festas do verán. Esta mesma noite empeza a programación co acendido do alumeado, e as actividades da festa continúan durante os vindeiros tres días con eventos relixiosos pero tamén lúdicos.
    Rafael Estévez é o presidente da Comisión de Festas e deunos conta de toda a programación.
    8 min
  • Ent. Manu Garrido, padeeiro - Subcampión do Mundo de Maratón
    "Para min o piragüismo é un xeito de vida", eran parte das palabras que esta mañá pronunciaba na nosa sintonía o tudense Manu Garrido que na fin de semana se proclamou subcampión do Mundo de Maratón en c1. En Sudáfrica recolleu os froitos dunha longa carreira de máis de 17 anos neste deporte co seu mellor resultado na categoría absoluta, aínda que compre lembrar que xa fóra o mellor Mundo cando era sub23. Agora tomará un descanso e logo plantexarase o futuro.
    14 min
  • Ent. Rubén Casaleiro - IV Concentración Moteira da Eurocidade
    Esta fin de semana terá lugar a IV Xuntanza Moteira da Eurocidade organizada polo Motoclub Os De Sempre. Terá o seu punto de encontro no paseo da Corredeira o sábado pola mañá para despois comezar a primeira ruta que os levará ata o campo da feira en Valença.
    Falamos con Rubén Casaleiro, do Motoclub Os De Sempre, que nos deu máis detalles das rutas e de todas as actividades a desenvolver en Valença.
    9 min
  • Ent. Jorge Aldir - Concerto Fin de Verán da Asociación Cultural Betún
    Este sábado a partir das 20.30h a praza tudense de Frómista será o corazón musical da cidade co concerto de fin de verán organizado polo Betún coa colaboración do Concello de Tui.
    A cita contará co DJ. Funkunte, socio betuneiro e habitual das sesións da Asociación e con concerto do grupo local Best Boy ás 22h como prato forte.
    Falamos con Jorge Aldir, membro do Betún, que nos deu os detalles sobre a celebración que organizan para clausurar a estación.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…