Neste Diario Cultural facemos unha viaxe ata o lugar de Berres, na Estrada. Na casa de Vilancosta gardouse, ao longo de anos, un tesouro en forma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron a varios membros da familia Valladares Núñez. Un legado de enorme valor que agora coñecemos nun proxecto firmado por Pablo Bernárdez, publicado pola Editorial Galaxia.
Na sección de arte, Mónica Maneiro recomenda a mostra titulada '¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela. A exposición é obra do artista santanderino Javier Arce.