Verónica Codesal presenta en directo o seu último proxecto musical, ‘100 voltas’ na xira ‘Igualdade’, que a leva nestes días por Cedeira, Carballo, Outeiro de Rei, Vedra, Santiago, Oleiros e Arzúa. O álbum incorpora letras das poetas Yolanda Castaño, Lucía Aldao e Rosalía Fernández Rial que falan de sororidade, maternidade, vínculos tóxicos e liberdade persoal. A compoñente de Ialma acompáñase aquí do acordeonista Dider Laloy e o violinista Damien Chierici, cos que transforma musicalmente pezas inspiradas na tradición galega.
Nas propostas de lectura de Eva Mejuto hai hoxe unha clásico e unha novidade. Recuperamos Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva, publicado en 1975 pola escritora austríaca Christine Nöstlinger e traducido ao galego por Eva Almazán e publicado por Sushi Books. E acaba de chegar ás librarías o cómic infantil ‘Ula e Vinca’, escrito e ilustrado por María Bren e publicado por Antela Editorial.