Sound Troop é unha empresa adicada á mestura sonora para cine. Especializados en "Foley on location", proporcionan realidade sonora mediante acústicas naturais e multi microfonía aplicada en tempo real, para acadar o son narrativo de películas e series de televisíon e esa ambientación sonora que tanto evoca, e axuda, a contar as historas nas nosas pantallas. Involucrados en multitude de produccións galegas, estatais e tamén internacionais traballan en proxectos de Estados Unidos, Noruega, Dinamarca, Francia, Suiza, Italia, Reino Unido etc. Nós achegámonos ata a súa sede en Compostela onde nos contaron moitas cousas sobre o seu traballo, e como é o día a día dentro dos seus estudios. Alí falamos con Miguel Barbosa un dos “Foley Artist” máis activos e importantes de España, e con Diego Staub, mesturador e editor Foley.
Eva Mejuto homenaxea a Miguel López, Hematocrítico, recordando os sinais de identidade dos seus libros infantís: o humor e a sorpresa, a apelación á intelixencia da rapazada desde o humor e o afecto, a irreverencia, a falta de condescendencia… Como mostra, catro libros publicados en 2023: ‘Unha unicornia’, ‘Morto de fame’ e ‘Dona Problemas’ (Xerais) e mais ‘Vai polo pan’ (Cumio), unha obra do canadense Jean Baptiste Drouot que Hematocrítico traduciu ao galego.