Os Premios da Cultura Galega concédeos a Xunta anualmente. Son galardóns sen dotación económica que distinguen a excelencia creativa. Falamos con Belén Brandido, produtora e distribuidora de Pistacatro (galardonada nas Artes Escénicas); e con Alfonso Blanco, director da produtora Portocabo (premio na categoría de Audiovisual).
A partir dun Obradoiro de escrita impartido en 2021 e 2022 por Eli Ríos naceu o colectivo literario Comadres das Letras, que xa publicou un volume colectivo de relatos 'Contármonos'. No día das escritoras falamos do papel da escrita na vida das mulleres, publiquen ou non.
O noso experto Mario César Vila fálanos dos descubrimentos da UVigo e da recuperación dos cadáveres das persoas represaliadas durante o franquismo.