Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023 por 'Materia'. Como non podía ser doutra forma, aquí a temos para que nos conte as súas sensacións.
Por primeira vez en 19 anos, o audiovisual galego ocupa unha sección específica no London Spanish Film Festival (LSFF) grazas ao esforzo conxunto do Galician Film Forum (GFF) e da Mostra Internacional do Cinema Etnográfico (MICE). Cóntanolo unha das representantes da mostra Adriana Páramo.
Conectamos brevemente con Cisco Novo dende San Sebastián, onde O Corno está facendo historia.