Hoxe é Santa Lucía, patroa da vista. Algunha vez fóstedes ofrecidos a algún santo? Se un vai ofrecido, soe levar unha vela ou un ex voto. Falamos coa Cerería Sanromán en Pontevedra, a mais antiga de Galicia.
Dámoslle un repaso a área veciñal con Ana: construccións de casas novas e respetar os lindes e mais as augas; Benteler, que parece que xa se chegou a algún acordo para solventar as incomodidades causadas polos ruídos.
Teatro improvisado chegado dende terras de Lugo. Moita comedia e moita improvisación con Nando Pereiro, un escultor de palabras, e Marcos Codexal, un triatleta creativo. Falamos con Juanjo, o armadanzas.