Últimos coletazos do verán e nos imos de terrazeo. Onde? Ó Moisés!!!
Cun café e unha cervexa conversamos con Milagros, Sesi e Rosa que nos foron fiando historias da Garrida e mais do restaurante Moisés. Bodas, bautizos, comunións, cumpleanos, cocido os xoves de outono....
Ata a Garrida subiron o Colectivo Malaherba de Matamá. Edu e Marcos contannos da Festa da Recolleita o vindeiro 6 de outubro. Do espectáculo que é mirar ós rapaces da cidade esfollar no millo!!! Para non perdelo!!!
E tamén falamos co grupo de música Caxade, que van estar nas Festas do Cristo en Porriño esta fin de semana. Damos un repaso á axenda cultural, as always!