Nesta calurosísima tarde de verán, víspera de San Roque, colocamos o chiringuito do Esperta na terraza do bar Rial. Seica teñen bo viño. E boa conta demos!
Na mais que agradecida sombra do porche, fomos conversando co novo dono, Iván, que baixou un momentiño do Alba, onde estaba a preparar os petiscos que vai servir estes días na casa das novenas na Romería do Alba.
E foi unha tarde de recordar historias.
-a do Bar Rial con Albina
-a do barrio da Garrida con Caseiro, que tamén nos descubriu o porque de que nesta parroquia haxa tantos matrimonios con xente do Valmiñor... Ramallosa 2000, pedra angular no asunto.
-a duns vascos tomando viños no Rial... como chegaron ata aquí? Seica en Barakaldo hai un bo Centro Gallego.
-E coma todas as vísperas de festivos e findes, repasamos a axenda cultural. Non damos avío con tanta festa!!!