"Eu namorei en Bouzas" e ti?? Coa excusa desta exposición que podemos visitar na Casa do Patín en Bouzas, imos tirar do fío da memoria e recuperar historias amorosas. Foi nun bar, no traballo, na vida... onde namorades vós?
Julio Verne tamén andivo polo estudio de Radio Valladares.
Ata o domingo no MARCO podemos ver unha chea dos obxetos que pululaban polo seu maxín: maquetas de barcos, traxes de buzo...
E o sábado, haberá un roteiro literario polo Vigo vello de "Jules Verne e a vida das mulleres planta". Ledicia Costas paseará polos lugares que lle inspiraron esta novela e poderemos acompañala no seu proceso creativo.
E que mais? Farmalex, chega coa sección de saúde para falar dos antibióticos e as resintencias.