Os museos están de festa e celebran este sábado 11 de agosto a Noite Branca!!! Isto é: concertos, visitas guiadas, teatralizadas, actividades paralelas... E vos, sodes de museos ou pensades que están mais que mortos?!?
Falamos coa Orquesta 430, que vai dar un concerto nos xardíns do Pazo Quiñones de León nesta Noite Branca.
E nas praias estes días estanse a ver tiburóns azuis. Falamos co Oceanográfico da Coruña, onde o investigador Javier Mejuto nos conta que ó aumentar a temperatura das augas é normal que aparezan estas especies... que non son coma o famoso Megalodón, son mais ben infensivos, pequeniños e teñen camadas de ata 50 crías, que é o que atopamos nas praias a mar aberto.
E para rematar, imos darlle unha volta á Festa do Socio, que xa está ahí!!! Veñen ata o estudio Ana, presidenta do CVCV, e mais Caseiro.
Enchéronnos de anéctodas: o día que fixeron unha paella con caracois e ninguén se atrevía a comela, o ano que choveu moitíiiisimo, as mellores mesas, trucos para collelas, os petates de comida deste día... o mellor, un bo cocido no monte!!!