Achegámonos á Mancomunidade de Montes de Vigo. Para coñecela, tertulia con:
-Uxío, presidente Mancomunidade Vigo e presidente en Saians
-Gregrorio, vicepresidente nos montes de Vigo e presidente de Valladares
-Enrique, secretario e representante de montes Matamá
-José, vocal e presidente de montes de Beade
-Daniel, técnico de montes
Esta fin de semana tamén vai ter lugar en Vigo o Nunca Mais Fest, un dos festivais que se fan en Galicia para a recadación de fondos polos lumes e que aquí irán destinados ó Colectivo Veciñal Chan Grande de Freixo. Falamos cun dos organizadores, Fran Vázquez.