ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 7/08/2025
    Que Emilia Pardo Bazán era unha señora con carácter, xa o sabíamos… pero descubrimos que tamén foi ‘influencer’ nos destinos turísticos por Galicia para os madrileños. Tirando deste fío, demos unha volta pola oficina de turismo de Vigo, a ver que recomendan. Unha opción, pode ser achegarse á festa do socio en Valladares, que é domingo.
    2 hr
  • Mércores 6/07/2025
    Tocou outra excusión. Saimos pasear ata o castro de Herville, que este ano é final de etapa da Volta a España. E, xa que andabamos por alí, entramos dar unha volta nas instalacións de Alazán. Xa de volta na casa, preguntámoslle ós rapaciños do campamento polo Marisquiño.
    1 hr 59 min
  • Martes 5/08/2025
    Vai unha de libros: ‘A historia de Galicia en 30 obxetos’, de David Gesteira. E mais as recomendacións de Álex. ‘Un trabajo para toda la vida’ de Rachel Cusk e ‘La historia de los invertebrados’ de Mar García Puig… ambos sobre a maternidade.
    E con esta calor... para refescarse a sombra dun claustro. Falaremos de Música no Claustro en Tui, que inda lle quedan tardes de concertos. Ademáis, unha voltiña pola toponimia da parroquia: ‘As Lerchas’, no Portal.
    2 hr
  • Luns 4/08/2025
    O #EspertaValladares segue pero o equipo redúcese a metade, Anabel xa rematou a tempada, así que os luns rescataremos conversas. Imos falar de bateas. Novos materiais e vellas tradicións danse a man neste sector. Ademáis, paseo polos nomes do mar.
    2 hr
  • Venres 1/08/2025
    Neste primeiro venres de agosto falaremos de concertos, de plans para o verán, das romerías que temos por diante… todo no #EspertaValladares.
    2 hr
  • Xoves 31/07/2025
    Para o #EspertaValladares deste xoves baixamos ata o Museo do Mar… coñeceremos o espacio, o porque da súa ubicación e tamén a exposición temporal sobre os vikingos que teñen nas súas salas.
    2 hr 3 min
  • Mércores 30/07/2025
    Hoxe no #EspertaValladares comentaremos os mundiales de natación artística de Singapur con Ángela Pereira, do Náutico de Vigo. E ademáis, conversa co mago Marcos Waldemar, que ven de facerse co primeiro premio na categoría de Invención no Congreso Máxico Nacional.
    2 hr
  • Martes 29/07/2025
    Que os martes toca patrimonio no #EspertaValladares xa o sabedes. Así que iremos ata Fornelos de Montes coa xente de Árbore Arqueoloxía. Ademáis algo doce para levar mellor o calor, Minimelis.
    2 hr
  • Luns 28/07/2025
    Despois da ponte imos con calma, coa que fixemos un tramo da senda azul do Lagares, o treito parelelo a Severino Covas, que está noviño do trinque, cheo de recunchos, flora.. e escaleiras . Ademáis, proposta literaria, que é luns. Desta volta, 'A falsa autónoma' de Yolanda Castaño e 'Metáfora da metáfora' de María Xosé Queizán.
    2 hr
  • Xoves 24/07/2025
    Para o #EspertaValladares deste xoves, conversa con Doro Piñeiro, de Castealo, de ‘Os vellos non deben namorarse’...
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!