ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 9/07/2025
    Paseo en bici pola costa da man do Team Oiense no #EspertaValladares do mércores. Ademáis, imos pasear polo ceminterio civil de Pereiró. Pequeniño pequeniño e moi interesante.
    2 hr 1 min
  • Martes 8/07/2025
    Hoxe falamos con Marta, a coordinadora do campamento de verán no centro veciñal. E tamén marcharemos ás Cíes… que hai excusión familiar o día 13… Escoitaremos recordos e conversaremos con Gonzalo, que dende lasislascies.com recolle todo o que precisamos para visitalas.
    2 hr 1 min
  • Luns 7/07/2025
    O noso último plan por Vigo vai no #EspertaValladares deste luns, ir ata a Galería Maraca a desfrutar da exposición das obras feitas por Pelucas e os nenos da EEI Monte Alba. Conversamos con el e máis con Elena, a profe que anda detrás do proxecto. Ademais, algunhas recomendacións literarias: 'Os médicos tamén enferman' de Martiño Noriega e 'Futuro imperfecto' de Xulia Alonso. E algo de toponimia de Valladares, ‘Xinela’ no barrio do Portal.
    2 hr
  • Venres 4/07/2025
    Conversamos con Alberto Abal do Coro Voces Graves, da proposta para celebrar a Rosalía o 15 de xullo, data do seu pasamento. Paseo e concerto polos lugares onde se publicou 'Cantares Gallegos'. Ademais, como respirades? Disto falamos con Adrián Vilaboa, que viu dar un obradoiro no VigoSaxforum.
    2 hr 2 min
  • Xoves 3/07/2025
    Un pouco de historia, que sempre está ben aprender do noso pasado. Charla co colectivo «Memoria, Verdade e Xustiza».
    2 hr
  • Mércores 2/07/2025
    Deportes, desta volta conversaremos coa organización do Basket na Rúa. A traballadora social do centro veciñal tráenos a Sabela, a avogada, do programa ‘Amparando Mulleres’ en Valladares. Ademáis, falaremos coa xente da comunidade de montes de Couso, do seu bo facer e dos recoñecementos que están a recibir.
    2 hr
  • Martes 1/07/2025
    No #EspertaValladares deste martes… proposta para soportar o calor. Visita guiada pola exposición “Impresións de Castelao en Vigo” na Pinacoteca Fernández del Riego da man dun dos seus comisarios, José Luis Mateo. E recomendacións literarias, que estamos no verán: 'Las cosas que nos pasan' de Guada Guerra, 'Son coma glaciares os barcos de aceiro' de Cynthia Menéndez e 'Todo es verdad porque nadie mira' de Estela Gómez.
    1 hr 59 min
  • Luns 30/06/2025
    Envolvernos na música das verbenas de principios do s.XX é a proposta da Orquesta Clásica de Vigo... ó fresquiño dun claustro. Tamén conversaremos sobre deseñar vestiario para cine e teatro con Aránzazu Domínguez, de Moharé.
    2 hr 1 min
  • Venres 27/06/2025
    Non marchamos moi lonxe, que imos falar con quen coida do xardinciño ó redor da piscina. Ademais, domingo á tardiña comeza o Vigosaxforum cun concerto de apertura no auditorio.
    2 hr
  • Xoves 26/06/2025
    No #EspertaValladares deste xoves iremos ata o taller de Remixio, que nos abriu as portas da súa casa unha vez rematada a escultura do Santo Condestável, São Nuno de Santa Maria. Desta última peza, do que garda no seu xardín… de todo isto falamos con el.
    1 hr 59 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!