ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 25/06/2025
    Barcos que semellan dragóns flotantes.Toca algo deportivo e chamativo. Conversa coa xente de Dragón Boat Galicia. E despois paradiña na casa. Falaremos cos mestres da formación dixital no proxecto Amparando Mulleres e mais co de xardinería.
    2 hr
  • Martes 24/06/2025
    Sen meigallo e xa perfumados, chegou o verán e xa andan por aquí os cativos nos campamentos. Ademais, exploraremos outros lugares e xentes co VAI, o voluntariado ambiental da Xunta nos 22 espazos naturais de Galicia. E tamén unha voltiña sensorial polas alfombras de Pontareas.
    1 hr 59 min
  • Luns 23/06/2025
    É a noite das fogueiras de San Xoán… demos un paseo ao carón da piscina e atopamos quen nos falou das herbas do ramo e tamén con quen estaba a traballar na fogueira, que a leña non camiña soa. Ademáis, conversa con A Senda do Moucho, para coñecer a natureza e as propostas que nos ofrece este verán.
    1 hr 57 min
  • Venres 20/06/2025
    De cómics, de animación, de cine… pero tamén da vida, da emigración, de Cuba… de todo esto falamos con Ermitis Blanco, productor, director e agora tamén debuxante de banda deseñada. E como sempre os venres no #EspertaValladares temos unha cita con Castrelos e coa axenda, que empeza o verán.
    2 hr
  • Xoves 19/06/2025
    Despois de tanta calor… imos ó mar. Falaremos con O Peirao, a Federación Galega de Redeiras Artesás. E conversa con Rafa Bañón, biólogo, das especies exóticas e de gran tamaño que están a chegar ás nosas rías. Ademáis, baixamos a Vigo e, de momento, só vos narramos a viaxe.
    1 hr 59 min
  • Mércores 18/06/2025
    Os deportes do #EspertaValladares deste mércores quedan na casa, que o Clube de Patinaxe ven de levarse o Campionato Internacional Cidade de Vigo en modalidade show. E despois imos ó monte… a que nos conten do proxecto Montes de Vigo 2046, que ven de tirar as primeiras conclusións.
    2 hr 2 min
  • Martes 17/06/2025
    A Fundación Xoan Piñeiro ven de editar dous libros sobre escultores galegos…pero siguen a traballar en máis. No Esperta Valladares deste martes ven ata a radio Suso Vázquez, o director da Fundación. Tamén viñeron ata o noso recunchiño os cativos do EEI Monte Alba. Desta vez os pandas xunto coas súas profes Noe e Lucía.
    2 hr
  • Luns 16/06/2025
    Comezamos a semana no mar, subidas a unha batea…. Para coñecer os novos materiais cos que están feitas, conversa con Formex. E para saber das novas tecnoloxías coas que traballan nelas falaremos coa xente de Atlanttic.
    1 hr 55 min
  • Xoves 12/06/2025
    No #EspertaValladares do xoves quedamos na casa. Ven ata a radio Fátima, a traballadora social para falarnos do programa Amparando Mulleres. Escoitamos ós pandas do EEI Monte Alba, que viñeron de visita ata a radio. E despois, marchamos de viaxe ata Islandia, onde coñeceremos ó escritor Elías Knörr.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!