ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 29/05/2025
    Cantadelas de arredor… con este proxecto acudiu CéOrquesta Pantasma ao festival Raigame deste ano. Cargado cos instrumentos e as coplas que foi recollendo en Valladares, Freixo, Matamá… viu ata a recuncho da radio.
    2 hr 2 min
  • Mércores 28/05/2025
    Mércores, deportes, desta vez o día que toca… o día que nós decidimos que toca. Conversa coa xente de clube Melgachos que organiza o 5 de xullo en praia América un torneo de rugbi-praia. E falamos con Úrsula Rial, que anda traballando na recuperación da Casa do Vilar no Courel.
    1 hr 59 min
  • Martes 27/05/2025
    Para o programa deste martes… conversa con Denigrantes Comediantes, que nos conten a que andan. Ademais, se nos escoitades, xa sabedes que andabamos detrás de saber cara onde voan os paxariños que pasan sobre nós… falaremos coa xente do Grupo Ibérico de Anillamiento.
    2 hr 1 min
  • Luns 26/05/2025
    Hoxe falamos con Miguel Balea, coordinador da oficina de voluntariado do Mundial Multideporte de Triatlón de Pontevedra. E tamén conversa con Fátima, a traballadora social do CVC de Valladares sobre as Instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde.
    2 hr 3 min
  • Venres 23/05/2025
    Baixamos facer a compra a Vigo… unha compra peculiar, nun supermercado cheo de productos asiáticos, así que fomos acompañadas por Suevia Sobral, xefa do departamento de xaponés na Escola Oficial de Idiomas. E xa que é venres, lembranzas de Castrelos.
    2 hr 2 min
  • Xoves 22/05/2025
    O uso das novas tecnoloxías para axudar a detectar o deterioro cognitivo… a partir desa premisa naceu o videoxogo ‘The Mind Guardian’, detrás do que anda atlanTTic e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, é dicir, Carlos Spuch, con quen falamos para que nos explique todo ben.
    2 hr 2 min
  • Mércores 21/05/2025
    Mergullarse, coa xente de Buceo Rías Baixas, pero tamén dende a superficie disfrutando dos deseños de ‘Las Joyas de la Raspa’, proposta deste Esperta Valladares
    2 hr 1 min
  • Martes 20/05/2025
    A quen non lle gusta o chocolate? De cacao, da súa orixe, das fincas onde se produce, da súa elaboración… de todo e algo máis conversamos con Ruth Meller cando baixamos ao Berbés a coñecer Cumboto.
    2 hr
  • Luns 19/05/2025
    Coas pandeiretas resoando na nosa mente, seguimos falando de música, decantareiras... E mais música, a das 'Cantigas de Santiago' de David Russell, a da previa de Balaídos de onte. E a dos maios, que o venres viñeron os rapaciños de preescolar Monte Alba e do centro de día da Garrida cos seus cestiños de flores. Ah! e algo de toponimia da zona, 'as chans', que en Valladares hai moitas.
    2 hr 2 min
  • Venres 16/05/2025
    Seráns, concertos, regueifas… de todo un pouco para celebrar as Letras Galegas de 2025. No auditorio da casa estarán as Cantareiras do Alba xunto coas Mouchiñas e Caramuxos da ACF O Fiadeiro. E un paseíño por Castrelos, que sempre presta.
    2 hr 2 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!