ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 30/04/2025
    Mércores de fútbol. O domingo subimos á Gándara a mirar ó Valladares, que tiñan derbi co Gran Peña. Un empate sen goles pero que nos deu para moito. Ademais, tarde no Centro Cultural que se cumplen os 10 anos de Celtabirras. E plans, que a ponte é longa!
    2 hr
  • Martes 29/04/2025
    Co apagón de onte, hoxe vai repetición… outra vez a Red Conecta. E peticicións musicais variadas, que internet e os teléfonos inda van así-así.
    1 hr 59 min
  • Luns 28/04/2025
    Coñecedes a Red Conecta? A verdade é que nós tampouco. Os pasados 24 e 25 de abril tiveron en Vigo a súa asemblea anual. E venres a xornada de traballo foi nas instalacións do Centro Cultural de Valladares, unha das primeiras asociacións que formaron parte da rede.
    1 hr 32 min
  • Venres 25/04/2025
    Como é venres... programa cultureta! Conversa con algúns dos artistas que subirán ó esceario esta finde no auditorio de Valladares: Charo Pita e Acodeireta. Ademáis, memorias de Castrelos e outras propostas de ocio.
    2 hr
  • Xoves 24/04/2025
    Viaxamos ata a illa de Ibo en Mozambique para coñecer o proxecto ‘Escolinha’ da Fundación IBO. Ademais, conversa de vagar con Abel Martín de La Fiesta Escénica, que estes días descansa en Oia mentres os seus espectáculos xiran polo mundo mundial.
    2 hr
  • Mércores 23/04/2025
    Tres propostas ‘made in feito na casa’. A peña Celtabirras celebra os 10 anos, a Galería Maraca organiza o festival Creativa e a xente de Lideiras, volve xuntarnos nas Picnic Sessions de Saians. Ademais, anécdotas dende a butaca do García Barbón na final do concurso de piano Ciudad de Vigo.
    2 hr
  • Martes 22/04/2025
    Martes, patrimonio… imos ata o Liste a mirar a obra de Rebeca Lar. Antes, aproveitamos a facer un cachiño da andaina pola parroquia, que é o sábado 26, e aínda estades a tempo de anotarvos nas oficinas do CVCV. E tamén paseo da Porta do Sol ata a praza da Pincesa onde está o piano de cola do certame internacional.
    2 hr 1 min
  • Luns 21/04/2025
    Pascua… xa tendes o roscón? Traemos programa. Escoitaremos a estes reporteros de 'Onda Valadares' no IES Valadares que, con guión e todo, nos foron contando a súa semana cultural. E, xa que estamos pola parroquia, algo de toponimia da zona, ‘as maquías’.
    2 hr
  • Mércores 16/04/2025
    Desta volta música feita e interpretada por mulleres no Esperta Valladares. Escoitámonos o luns… pero lembrade que estes días festivos tedes cita co ciclo Por boca de muller no auditorio do CVC de Valladares
    1 hr 59 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!