ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 14/05/2025
    Vamos presumir de atletas viguesas, mañá falamos con Ester Navarrete, que ven de gañar a prata no Campeonato de España de 10.000 metros que se celebrou esta fin de semana en Mahón. Ademáis conversa con Silvia Calo, a man detrás de Toda Frágil, as xoias de cristal que forman parte do universo Hibernar de Fillas de Cassandra.
    2 hr
  • Martes 13/05/2025
    Hoxe o doce son das ‘Arpas Atlánticas’, unha proposta para o día das Letras Galegas da Orquesta Folk Sondeseu. Tamén ‘visita guiada’ por algúns muíños da zona, en Matamá. E algo de música en galego, coma sempre.
    2 hr 3 min
  • Luns 12/05/2025
    Comezamos a semana das Letras Galegas a golpe de música clásica. No #EspertaValladares conversamos coa Orquesta Clásica de Vigo, que ven de pechar o ciclo de actuacións para celebrar o seu 40 aniversario e teñen libro para conmemoralo! Ademais, como as cantareiras, petiscos de aquí e acolá cun moito de música.
    2 hr
  • Venres 9/05/2025
    #EspertaValladares os venres, sae cultureta. Ademais, dos recordos de Castrelos, paseo pola feira de Beade e pola axenda do centro cultural, que estamos no mes das Letras Galegas.
    2 hr
  • Xoves 8/05/2025
    Hoxe collemos o coche… pero ben acompañadas. Falamos coa autoescola Quyaro, que sigue enseñando a conducir a xeracións de veciños da parroquia.
    2 hr 2 min
  • Mércores 7/05/2025
    O balonmán femenino de Vigo e contorna está vivindo un gran momento, desto e da súa traxectoria deportiva falaremos con Fátima, a traballadora social do Centro Veciñal e Cultural que esta tempada xogou no Carballal. Aproveitaremos tamén para coñecer á Fundación Esplai e o seu traballo na nosa cidade.
    2 hr
  • Martes 6/05/2025
    Hai unha semana estabamos de resaca da apagada… no #espertavalladares deste martes retomaremos a conversa con Xoan Carlos Abad, sobre os rapaciños da contorna viguesa que marcharon coa ‘División Azul’. Ademais, descubriremos as rutas da andaina polos montes de Vigo o domingo. Falaremos con Javi Maneiro sobre ‘Anxos no inferno’, o seu último sinxelo.
    2 hr 1 min
  • Luns 5/05/2025
    Empezamos a semana falando coa plataforma de afectados pola ampliación do PTL, estiveron pola radio para explicarnos como vai o proceso, as súas reclamacións, en que punto se atopan as expropiacións…
    2 hr 1 min
  • Venres 2/05/2025
    Vai un especial musical cheiño de arrolos para ir celebrando día das nais e mais o mes das Letras Galegas.
    2 hr 1 min
  • Mércores 30/04/2025
    Mércores de fútbol. O domingo subimos á Gándara a mirar ó Valladares, que tiñan derbi co Gran Peña. Un empate sen goles pero que nos deu para moito. Ademais, tarde no Centro Cultural que se cumplen os 10 anos de Celtabirras. E plans, que a ponte é longa!
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!