ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 11/06/2025
    Seguir activas, socializar… son os motivos que enchen as actividades de pilates ou ioga nos centros culturais… mellor que nolo conten elas. Ademáis falaremos coa xente de LáserOn, que veñen de conseguir financiación para sacar adiante un novo proxecto de reciclaxe de vidros con láser. E se cadra, un paseíño pola Porta do Sol.
    2 hr 3 min
  • Martes 10/06/2025
    Un paseo pola historia… pola nosa. Coñeceremos con Aixa Costas o Vigo medieval, a súa historia, as súas personaxes… as que vivían no porto pero tamén os de Valladares!
    2 hr 3 min
  • Luns 9/06/2025
    Un pouco de todo para o #EspertaValladares do luns. Conversa sobre o I Certamen Teatro Amador de Vigo. E viaxe ata a escola de Niegue, Senegal. Alí estivo o profesor do IES Valadares, Marcos Barreira no mes de febreiro. Imos ver que vínculo educativo se está a crear cos rapaces do IES. E na toponimia, imos ata 'a resteba', en Vincios.
    2 hr 1 min
  • Venres 6/06/2025
    Ás veces a música nos chama… e cando é en Castrelos aínda máis, así que no #EspertaValladares deste venres escoitaredes como foi a nosa visita ao pazo co excusa de escoitar a Pelica de Can, que abre os seus concertos no ciclo Conexións da Fundación Mayeusis co Viravai que Leni recolleu en Valladares.
    2 hr
  • Xoves 5/06/2025
    Coñecemos a proposta que nos fan dende Sete Falares, o encontro de narración oral que cita en Pontevedra a contacontos de aquí e acolá. Ademais, sabemos das excursións que organizan este verán dende o Centro Cultural.
    2 hr
  • Mércores 4/06/2025
    O deporte deste mércores no #EspertaValladares ten fins solidarios. Un trail facendo o percorrido da N-120, ou mellor dito, cubrindo a distancia entre o Hospital de Ourense e o Álvaro Cunqueiro, aproveitando sendas históricas como o camiño da Raíña... E ademáis coñeceremos EMRA, o proxecto que estaba detrás da exposición Escoitar que poñía en valor o traballo das redeiras galegas.
    1 hr 51 min
  • Martes 3/06/2025
    No #EspertaValladares deste martes daremos unha volta polo MARCO. Alí poderedes atopar ata finais desta semana a exposición polo 40 aniversario da Asociación Érguete.
    2 hr
  • Luns 2/06/2025
    Comezamos cunha proposta para a fin de semana. Marchamos coñecer ouvellas galegas en “El paseo de la lana”, que se vai celebrar do 6 ó 8 de xuño en Sarreaus (Ourense). Ademais, escoitaremos ós Robots da EEI Monte Alba que viñeron facernos unha visitiña. E tamén algo de toponimia local, 'carrexón' na Garrida.
    2 hr 1 min
  • Venres 30/05/2025
    Perro Futuro presenta mañá o seu novo disco en Vigo, e antes do concerto Suso Valcárcel o seu batería viu ata a radio a falarnos deste proxecto musical. E mais recordos de Castrelos, os primeiros concertos con Heredeiros.
    2 hr
  • Xoves 29/05/2025
    Cantadelas de arredor… con este proxecto acudiu CéOrquesta Pantasma ao festival Raigame deste ano. Cargado cos instrumentos e as coplas que foi recollendo en Valladares, Freixo, Matamá… viu ata a recuncho da radio.
    2 hr 2 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!