ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Luns 14/04/2025
    Semana Santa, vacacións, al menos para os nenos, e para vós que non imos dar a lata. Deixámosvos con dúas horiñas de música para desconectar do resto do mundo.
    2 hr 1 min
  • Venres 11/04/2025
    Música para a fin de semana. A de Anxo Lorenzo, que abre este domingo o programa do 13º Memorial Moxenas. Ademais, desta volta sí, a proposta de apadriñar un golfiño. E xa que mañá é venres, imos dar unha volta por Castrelos.
    2 hr
  • Xoves 10/04/2025
    Hai un corto made in Vigo que está a viaxar de festival en festival, “In Half” de Jorge Morais. Saberemos a que recunchos do planeta chegou coa promoción. E propostas culturais na casa, que comeza o ciclo ‘Por boca de muller’ coa actriz Atena García.
    1 hr 59 min
  • Mércores 9/04/2025
    Aquí tendes o #EspertaValladares de hoxe. Comentamos o partido de onte en Balaídos coa selección feminina. Aproveitando que estamos futboleras, falamos con Juanote, o presi do Valladares. E viaxamos ata Lugo, que Isabel Comesaña da Cooperativa Tres Fuciños na zona de Chantada está a organizar unha festa do cocido con porco celta. É da Sobreira, para os da casa ;)
    2 hr
  • Luns 7/04/2025
    Imos de ruta coa xente de A Illa dos Ratos. Desta volta ata Bueu, cun proxecto moi xeitoso de posta en valor de mulleres da vila. E viaxaremos ata Portugal co clube de lectura da biblioteca do CVC de Valladares seguindo os pasos do libro “Resistencia”, de Rosa Aneiros. E seguimos coñecendo toponimia da parroquia: 'O Caramanchel' no Portal e 'o Caramancho' no Carregal.
    1 hr 44 min
  • Venres 4/04/2025
    Esta finde é a segunda xornada do IV Festival Musical de primavera. Falaremos del co trompetista Rodrigo Iglesias. Ademáis, seguiremos recuperando lembranzas dos 100 anos do Parque de Castrelos coa xente de Troula. Ah! Pausa bocata: probamos snacks da India
    2 hr 1 min
  • Xoves 3/04/2025
    Conversas pausadas neste xoves de abril. Con Alberto Abal que co Coro Voces Graves de Vigo vai estar o sábado en Redondela interpretando música sacra de autores galegos, e acompañados de Indra Di Sesti! Ademáis falaremos coa xente de Biking Vigo que andan en varios proxectos solidarios.
    2 hr
  • Mércores 2/04/2025
    Mércores, sinónimo de deporte no #EspertaValladares. Desta vez sí que falamos con David Novoa, o monitor de kick boxing no cultural. Baixaremos ata o porto, que andan a montar obstáculos para a Gladiator Family. E conversa sobre a comparsa de entroido, que seica o pasaron moi ben.
    2 hr 1 min
  • Martes 1/04/2025
    O 1 de abril van os burros onde non deben ir… nós imos levarvos coñecer historias interesantes. Conversa sobre o libro «A Galicia deseñada». Falaremos co paiaso Dani Blanco sobre o teatro improvisado e iremos ata o Museo de Historia Natural da USC seguíndolle a pista a unha raia xigante.
    1 hr 59 min
  • Luns 31/03/2025
    Vimos de botar ós soldados de Napoleón e no #espertavalladares, falaremos os franceses que participaron no programa Erasmus+ co IES Álvaro Cunqueiro. 'Flores de Ferro' de María Rei Vilas, un éxito no clube de lectura. Preguntas varias co libro xa devorado. Tamén saberemos a que andan agora na Asociación Bicos de Papel.
    Luns 31/03/2025
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!