ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 25/10/2024
    #Especial 5
    Volta polo mundo. Berlín, Kazajistán, Nepal e Suecia.
    Unha maleta cargada con anaquiños de porcelana. Viaxar ata a estepa seguindo o rastro dunha canción. Trekking a Nepal. E Suecia... pronto os seus deseños de tecido vikingo nas rúas de Ourense.
    1 hr 59 min
  • Xoves 24/10/2024
    #Especial 4
    Paseo por Dr. Cadaval ata a Galería Maraca para probar o noso nivel de inglispitiglis. Pedimos opinión sobre o circo e invitamos a Caruncho para que viñera coa súa camisa floreada ata a radio. Tamén seguimos o lanzamento dun satélite dende o patio dun cole en Coia.
    1 hr 54 min
  • Mércores 23/10/2024
    #Especial 3. Montamos en bici.
    Pero das primeiras, daquelas coa roda dianteira enooorme e a traseira minúscula. E logo, planeamos... sen motor, polos lindes da Galicia e Portugal.
    2 hr
  • Martes 22/10/2024
    #Especial 2. Un pouco de patrimonio.
    Dende o mais elevado ata o mais mundano. Ópera Verdi, camiño Taverneiro, o volteo das campanas en Beade e a tradición de facer os roscóns para os afillados.
    2 hr
  • Luns 21/10/2024
    Remataron os directos desta tempada no #EspertaValladares. Peeero inda imos acompañarvos estas mañás radiofónicas de outubro con especiais.
    #Especial 1. Comezamos a semana na casa. Cun tour pola bilbio do centro veciñal e mais unha tertulia arredor das partidas de dominó.
    2 hr 1 min
  • Venres 18/10/2024
    Traemos os origamis de flores de Anaquiños de papel na ‘conversa rescatada’. Tamén falamos dos retratos en miniatura con Carmen Espinosa, especialista neste tipo de pintura. Na Pinacoteca podemos visitar unha pequena colección deles. E descubrimos cantos ‘minigrupos’ poden ir saindo dunha banda. Duetos, tríos, ensembles…na de Valladares hai un mundo deles!
    2 hr
  • Xoves 17/10/2024
    No Castro de Pereiras (Mos) retomaron as excavacións. Imos saber que agardan atopar. Ademais, recibimos a visita de Carmeliña Garcia Pereira, que ven ata o cuartiño da radio cos seus poemas. E para rematar, un paseo con Roberto Pascual polos seus anos como director da MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia.
    2 hr 1 min
  • Mércores 16/10/2024
    Por aquí andiveron Manolo Turbo e Javi. A finais dos 80 formaban parte daquel Valladares que ascendera a Terceira. Ides escoitar batallas deses partidos e mais 'algo' de rugby, o deporte que verdadeiramente lle presta a Manolo. Tamén traemos algo de cine, ‘Figuras Ocultas’.
    2 hr
  • Martes 15/10/2024
    Música ’In Situ’, un pequeno recital de obras de compositores galegos e españois a fins a Antonio Palacios e o seu tempo. Conversa con Alberto Abal, do Coro Voces Graves de Vigo. Ademais, cetrería na cidade e tamén unha visitiña ó humedal do Grove con SEO-Bird Life.
    1 hr 59 min
  • Luns 14/10/2024
    Que tal andamos co Shakespeare? ‘Conversa rescatada’ de luns con Miguel Pérez Romero, que traduce as súas obras ó galego. E ademais, unha fusión entre teatro e videoxogo para contar o ‘Hamlet’ de Cunqueiro. Falamos disto con Beatriz Legerén. E de remate, unha volta polas esculturas na cidade, o Monumento ós representantes do comercio.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!