ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 11/10/2024
    No #espertavalladares 'conversa rescatada', a da obra 'Iribarne' de ButacaZero. Falamos co director Xabier Castiñeiras. E tamén saberemos da estructura das algas e outros alimentos con Patricia López do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC.
    2 hr
  • Xoves 10/10/2024
    Seguimos este código postal 36841, que nos leva ata Pazos de Borbén, onde se inspira a música de Thomas Dylan Harris. Tamén algo de cine ‘Las vírgenes suicidas’. E algunha outra historetiña, a das orixes da coral en Valladares, moi vinculada ós inicios do Teleclube.
    2 hr 2 min
  • Mércores 9/10/2024
    Turismo deportivo. Viaxamos ata Astaná (Kazajistán) onde se celebraron os Xogos Nómadas. Ata alá foi a xornalista de La Voz, Yolanda García. Logo volta por Madagascar e o universo dos anfibios con David Vieites do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC. E de remate, o mundo da lá. Parada en Hilokune Estudio Logaro en Ourense.
    1 hr 44 min
  • Martes 8/10/2024
    50 anos da coral de Valladares. Conversa cun grupiño de mulleres, unhas que levan dende os inicios e outras que estiveron e volven para o aniversario. E patrimonio, os horreos, canastros, canizos, piornos... coñecemos á Red Internacional Horrea.
    2 hr
  • Luns 7/10/2024
    Un libro para comenzar a semana ‘52 días a bordo do Botafogo’. É a conversa rescatada dos luns, que ven tamén acompada doutras historias, os clubes de lectura pola cidade adiante.
    1 hr 59 min
  • Venres 4/10/2024
    'Conversa rescatada’ para este venres, o vinilo ‘A mansión dos anxos’ do pianista Alejo Amoedo. Ademais, moita comedia os sábados ás 20h no auditorio de Valladares, que comeza o Circuíto Galego de Teatro Afeccionado de Fegatea. Tamén damos unha volta pola axenda con outras propostas para o tempo de ocio.
    2 hr
  • Xoves 3/10/2024
    Imos sabelo tooodo do mexilón e a súa cría nas nosas rías. Falamos coa investigadora do CSIC Laura Peteiro. Ademais, en Patos coas mareas vivas do equinoccio puideron mirarse árbores milenarias fosilizadas. Conversa con Antón Lois, guía neses días. E un ratiño de charleta cos músicos Stoned at Pompei, que van sacar novo disco e andan rodando os videoclips.
    1 hr 59 min
  • Mércores 2/10/2024
    Paseamos? En bici coñeceremos ás 'Diosas de Bratislava', que compartiron un ratiño de pedaleo coas @womaninbike_valminor. Percorremos os piñeiros do mundo en Saiáns. E, como é tempo de setas e cugumelos varios, en Montes de Vigo teñen cursos para coñecelos. Tamén paramos na Misión Biolóxica de Galicia, onde acaba de chegar a investigadora Cristina Fernández, que da cultura dos lumes sabe un chisco.
    2 hr
  • Martes 1/10/2024
    Charliña coa Organización Galega de Comunidades de Montes para saber que é iso da ‘clasificación’ dos montes veciñais. Algo de cine. A recomendación de peli e mulleres, ‘Te doy mis ojos’. E un adianto do acto do mércores á tarde no auditorio, o FICNOVA, compartindo películas que amosan como a nonviolencia pode transformar o mundo. Ademais, o #espertavalladares lévanos de paseo pola historia. Ata Cangas do 1617 e a defensa da vila dos ataques piratas dos turco-berberiscos. E, en consecuencia, a historia de María Soliña.
    2 hr 1 min
  • Luns 30/09/2024
    A voar!!! 'Conversa' rescatada sobre como é pilotar por riba dos continentes e océanos. Ademáis, imos saber algo mais do exótico nenúfar da Fundación Sales.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!