ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Venres 13/09/2024
    É venres, e recuperamos unha conversa da tempada, a das fotomontaxes inocentadas de Pacheco no xornal La Región. E logo conversa sobre dous obradoiros do Revoltallo. O de canto con Laura Taka e o de pequenos instrumentos tracionais con Manuel Leiros.
    1 hr 59 min
  • Xoves 12/09/2024
    Maxia esta mañá co Mago Zanas. Algo dos gustos musicais dos rapaces novos que pasaron onte polo estudio. E conversa co grupo Sun Iou antes dun ensaio.
    2 hr 4 min
  • Mércores 11/09/2024
    Capoeira para comezar a mañá deste mércores coa escola Capoeira Abadá Vigo. E unha de moda. Roupa urbana made in Valladares, Burned Ground. E algo de cine, 'O corno'.
    2 hr 2 min
  • Martes 10/09/2024
    Morcegos de Galicia está a crear colonias para combater os mosquitos tigre en Moaña. Hoxe falamos sobre iso. Ademais, o Revoltallo xa ten cartel e hai obradoiros... o luthier Jesús Rodriguez ven dar uns truquiños para manter as guitarras e os baixos. E rematamos cun paseo, o que fixo Valle-Inclán dende Reboreda ó castelo de Soutomaior.
    1 hr 59 min
  • Luns 9/09/2024
    Os luns, como de costume, rescatamos un popurrí de conversas da tempada. Hoxe: as ostras da Pedra, os pementos de Padrón en versión caramelo (Doziños) e unha volta polo mundo dos celíacos.
    2 hr 3 min
  • Venres 6/09/2024
    Vai un venres musical. Un paradiña no Cunqueiro para recordar o especial de ‘música no hospital’. Ademais, a coral de Valladares fai 50 anos. Conversamos con Javier Comesaña Pereira, o director, para ver como van os preparativos.
    2 hr 1 min
  • Xoves 5/09/2024
    O mundo está cheo de fósiles e por iso nace ‘Paleo no barrio’. Falamos desta ciencia de proximidade con Adriana,do grupo MapasLab da Uvigo. Algo de música con Pakolas, que anda on tour pola city…. a rockear!
    E xa comezan a desaparecer as capas da rondalla do tenderete radiofónico Conversa con Rosi, que toca as castañolas.
    2 hr 2 min
  • Mércores 4/09/2024
    Nos deportes falamos da historia dos Xogos Paralímpicos. Ademais, imos ata Monçao para conversar coa artista Malouca (Mafalda de Castro). Colorida pintora irreverente.
    E cine… Matria.
    2 hr 1 min
  • Martes 3/09/2024
    Algunhas ideas para o tempo libre destes días.
    Paseo por Praia América ata a carpa do circo e sumerxirse no espectáculo a procura do tesoureo de Poseidón. Construir unha carrilana para baixar sábado as costas de Freixo (tendes ata mércores para inscribirvos nas redes de Freixo Rock). Ou descubrir lugares e músicas diversas en Galicia co ciclo Espazos Sonoros.
    2 hr
  • Luns 2/09/2024
    Mais especiais… os luns como de costume rescatamos unha historietiña que nos gustou. Hoxe demos unha volta polas distintas escolas onde se ensina o traballo do coiro en España. A visita guiada en ‘exclusiva’ para nós con Pepe Pereira, profe na EMAO.
    E tamén un paseo polo 'Diccionario de Vigueses (1875-1945) para coñecer a unha das dúas únicas mulleres que fixeron o bachiller naquelas, Dolores Buet Feijóo.
    2 hr 3 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!