ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 14/08/2024
    Conversa deportiva con Marta Domínguez, xogadora no Squash Pontevedra. Tamén coñecemos outro camiño alternativo a Compostela, o Camiño Taverneiro. E un chisco de axenda cultureta, que veñen días festivos.
    1 hr 48 min
  • Martes 13/08/2024
    De compartir cds no instituto ata ITP Promotions. A particular viaxe pola música metal de Diego Quintas, veciño de Freixo. Ademais, achegamonos ó campanario de Beade, que aí inda hai xente que toca ás campás. E, antes de marchar, unha paradiña coas monitoras do campamento de verán no centro cultural.
    2 hr
  • Luns 12/08/2024
    Comenzamos a semana cun resumiño dos Xogos Olímpicos. Ademais, os luns imos recuperar algunha das conversas desta tempada do #espertavalladares. A mais apropiada para estas semanas de vacacións… o mundo do souvenir no museo Liste.
    2 hr
  • Venres 09/08/2024
    Estar ou non estar, esa é a questión. Conversa con Iria Álvarez, consultora en marketing dixital sobre a presencia das pymes galegas en internet. E tertulia deportiva, que entramos na recta final das olimpiadas. #espertavalladares de venres…
    2 hr
  • Xoves 8/08/2024
    Imos ata a Guarda para descubrir os deseños de Amalia Puga que dan unha segunda vida ás redes. E ademais, conversa veciñal, que domingo é a festa do socio.
    2 hr 1 min
  • Mércores 7/08/2024
    Un chisco de olimpiadas, a ver como andan os galegos en París. Tamén nos achegamos á figura do compositor Verdi, cos Amigos da Ópera de Vigo. E logo, unha viaxe ata a illa de Arousa para coñecer o proxecto La Platanera.
    2 hr 1 min
  • Martes 6/08/2024
    Carnívor@s… imos conversar coa IXP Ternera Talega, que viu ata Valladares a facer unha demostración á xente que se está a formar para ser profesional da hostelería.
    2 hr
  • Luns 5/08/2024
    Para comezar a semana imos falar coa organización do Sinsal, para saber como foi esta edición. E tamén coñeceremos o oficio de mago con Pedro Volta.
    2 hr
  • Venres 2/08/2024
    Un bo repaso ás Olimpiadas e mais a axenda cultural para a finde. E descubrimos Herbolario Bio, un cóctel de cosmética natural explosivo… ou a curiosa historia de crear cremas co que hai na ‘horta’.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!