En Candeán estrearon un musical 'made in feito na casa' coa xente da banda de música. Imos ver que tal lles foi. Ademais, descubrimos que as alfombras florais de Pontareas 'andan' por medio mundo. E unha proposta de xogo de mesa: ‘Las inmortales’, para coñecer a mulleres científicas.
A natación sincronizada agora ven sendo natación artística. E temos un par de clubes en Vigo, imos conversar co do Náutico. Ademais, comeza en nada Música no Claustro en Tui.
Dende o noso particular Silicon Valley, conversa co investigador Carlos Spuch. Moi distentida para falar do premio que lle deron dende a comunidade Alumni-UVigo pola súa traxectoria.
Paseando pola feira do libro entramos na caseta da Librería Aenea. Ademais, estase a preparar un documental sobre os garranos da Groba e anda polo medio Adrián Martíns, de Finca Moreiras. E unha voltiña polos xogos olímpicos, un resumiño da finde.
Imos ver como se está a formar o novo Valladares feminino de fútbol. E ademáis, propostas culturais... 'limpiar paseando' polo Lagares ou unha tarde distinta no Vitruvia, rodeados das sorpresas gastronómicas do Ministerio del Fogón.
Se ides ata o Liste este venres na Noite Branca, fixádevos no tipití que hai na exposición dos souvenirs. A nós gustounos tanto, que invitamos a Inmaculada e o seu fillo para que nos contaran a historia que hai detrás del.
Que Galicia estes días é un torreiro, xa o sabemos... Hoxe, unha voltiña polo adro de Beade coa comisión de festas. E outra historia ó chou no diccionario de vigueses (1875-1945), a do Schindler galego.
Moito onde escoller esta fin de semana no ocio. E nós non imos moi lonxe. Paramos coñecer as festas parroquias e conversamos con Anxo Guiances, que voltou deseñar este ano o cartel de San Campio.
Tertulia de verán cos ‘futuros cociñeiros e camareiros’ do obradoiro de capacitación que ten lugar nas instalacións do centro veciñal. E ademais, falamos sobre ‘Coia ao caos’, unha webserie parroquial.
2 hr
About ESPERTA VALLADARES
From the publisher's feed
ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!