As olimpiadas chaman á porta, que saben os mais cativos delas? Escoitamos ós nenos do campamento. Tamén imos falar de sacarlle fotos ó ceo e coñecer a Asociación Galega de Astrofotografía. E coñecemos os artistas que veñen ó Mar de Blues esta finde.
Unha volta polas rúas de Pontevedra, que van estar ben animadas estes días con Itineranta. Ademais, xogamos ó skeirrum para coñecer o Porriño de Palacios. E falamos de ‘pormishuevismo’ como definición de arquitectura.
A voar. Non sabiamos que había tantos pilotos en Valladares. Desta volta, falamos con xente noviña da Gándara e mais da Garrida. Guillermo e Miram, que voan polo continente europeo.
Coñeceremos aos particulares gladieitors da Vigo Battle of Teams. Ademais, conversa con Carlos Carracedo sobre o seu poemario e algunha vivencia con Neira Vilas. E teatro, que a semana que ven comeza a MIT de Ribadavia.
Nai e filla, compañeiras de cordada. Falamos de escalada con Nerea e Gabriela, que é de Freixo. Ademais, esta semana comenza o curso de verán de clarinetes. Un anaquiño de conversa con Miguel García, que o coordina.
Ata Cuba chegaron as regueifas. Bieito Lobariñas andivo por alí e víunolo contar contar. Ademais, coñecemos o programa +Bosques da Deputación de Pontevedra. Falamos con Sergio Portela, un dos seus guías.
Primeira finde de xullo e a axenda está chea! Porpostas na casa, que remata o Vigosaxforum. E fóra, que Indra Sesti DI Lucca, profesora de canto da Escola de Música, está de concerto en Cambados.
Ás veces cumprimos as nosas promesas… e baixamos dar unha volta pola Feira do Libro de Vigo. A que non atopamos foi a Beto Luaces, pero deunos unha entrevista falando da súa última obra “Vicus, un lugar elevado” que ven de saír do prelo.
2 hr
About ESPERTA VALLADARES
From the publisher's feed
ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!