ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 3/07/2024
    Hoxe voltamos á terraza co directo. Conversa sobre os montes de Valladares co seu presidente. E nos deportes deste imos de visita ó ximnasio, que está no Teleclube.
    1 hr 59 min
  • Martes 2/07/2024
    Hoxe o directo saiu á terraza!! Paseamos polas Ons, coñecendo o seu patrimonio arqueolóxico. E xa que estamos nas illas, imos ata Cortegada co libro de Ángela Banzas, ‘La sombra de la rosa’.
    2 hr
  • Luns 1/07/2024
    Un pouquiño de todo no programa do luns. Origamis de flores con Anaquiños de papel. E música, da man de Suso Valcárcel, que anda mais contento que un cuco co master da súa nova canción.
    2 hr 2 min
  • Venres 28/06/2024
    De ostras, mellor dito de ostreiros. Imos falar con Jose Alberto, un dos dous que quedan dan Pedra. Ademais, coñeceremos un pouquiño máis das marsopas da man do Oceanográfico de Vigo. E saberemos da proposta que nos fan nesta nova edición do Vigo Saxforum en Valladares.
    2 hr
  • Xoves 27/06/2024
    Proposta de música en vinilo.. pero da de escoitar en gramófono. Alejo Amoedo presenta ”A mansión dos anxos”. Ademais, conversa sobre o III Festival Iacobus Maris e último aviso para ir visitar a exposición de fotografías de Mary Quintero que está na sede da Deputación de Pontevedra.
    2 hr
  • Mércores 26/06/2024
    No programa deste mércores imos coñecer ao equipo de orientación da Universidade de Vigo. Iso, nos deportes (https://fegado.es/). E, ademáis, conversa con alguén que sabe de orientarse, un piloto de voos intercontinentais de Valladares.
    2 hr 3 min
  • Martes 25/06/2024
    Veña, que xa estamos no verán! Imos ata o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Coñecerémolas sobre o papel, cos libros de Triqueta Verde. E, xa que andivemos recollendo as herbas para lavar a cara, vai a proposta de Las flores de Greta.
    2 hr
  • Luns 24/06/2024
    Sodes de botar unhas gotas ao café? Ou de tomar un chupito de herbas? Da historia da caña do país, do augardente, de onde se destila, ou se destilaba, que agora apenas hai alambiques nas casas. Conversa de vagar no recuncho da radio pero tamén visitaremos o Centro de Interpretación da caña do país en Valga. E falaremos coa xente de Barafunda que fan o Conxuro da Queimada.
    1 hr 59 min
  • Venres 21/06/2024
    Esta fin de semana a axenda está repleta, que o domingo son as fogueiras! Empezamos na casa, que mañá pola tarde hai xuntanza moteira no torreiro que organizan dende o Grupo Motero 4 Amigos, e despois damos unha volta coñecer as propostas de festa, que son moitas!
    2 hr
  • Xoves 20/06/2024
    O San Xoán chama ás portas e no centro cultural xa están a organizar a fogueira. Falamos coa xente de Ecoloxistas en Acción que xa deron a coñecer as súas bandeiras negras. E conversa co IKFEM, que este ano estrean Orquesta Sinfónica da Eurorrexión.
    2 hr 3 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!