ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 05/06/2024
    Tivemos visita no recunchiño da radio, recibimos a Juan del Arco, xogador de balonmán, que esa tempada decidiuse a deixar as canchas. Dese proceso, do seu futuro… conversa de vagar. E tertulia a carón dunha partida de dominó.
    2 hr 3 min
  • Martes 03/04/2024
    Visitamos a EMAO. O edificio en si xa ten moito que contarnos, pero o seu contido é do máis variado, percorremos a exposición do mapa do coiro en España… todo un descubrimento. E coñecemos a receita do leite mazado.
    2 hr 1 min
  • Luns 03/06/2024
    Historias para comenzar o mes de xuño. Conversa con José Alberto Pina compositor da Lenda do Maracaibo, unha das pezas que máis gustan na Unión Musical de Valladares. E falamos con Simone Saibene sobre a súa película documental “Pelerinaxes”, a viaxe realizada por Otero Pedrayo, Risco e Ben Cho Sey entre Ourense e Teixido.
    2 hr 2 min
  • Venres 31/05/2024
    #espertavalladares de venres: coñecemos a proposta de Xardín Desordenado, que actúan o sábado no auditorio (20:00). Imos ata Sabarís a mirar unha exposición de bicicletas, e proposta no Casco Vello Alto, aprender a contar historias con Kame Clases de Cómic.
    2 hr
  • Xoves 30/05/2024
    Botámonos ao monte. Imos ata Vincios falar das vacas cachenas que andan limpando o monte Galiñeiro e algunha proposta forestal máis, setas nos montes de Vigo. E xa que estamos, paramos un despacho de pastas a tomar o café.
    2 hr
  • Mércores 29/05/2024
    Bufandas para animar ós rapaces do Valladares fútbol sala. E ademáis, conversa de vagar con Suso Cameselle Ben, que anda rematando unha triloxía das lendas de Redondela e ven contarnos a da Coca.
    2 hr
  • Martes 28/05/2024
    Aproveitamos o programa deste martes para facer un resumo das actividades da fin de semana. Falamos con Anxo Xoan Rajó, que viu presentar ao clube de lectura do CVC de Valladares o seu libro sobre Luisa Villalta. E conversa con Miguel Riaño, director de “La ciudad de la Selva”, sobre os guerrilleiros no Casaio.
    2 hr
  • Luns 27/05/2024
    Arrincamos a última semana de maio… e seguimos coñecendo as propostas do CVCV, o venres hai obradoiro para os nenos “Debuxando a Luisa Villalta”. Ademáis, conversa con María Méndez, que presenta ‘No me gusta como hablas’. E paseo pola natureza, imos mirar ao ceo ás cegoñas que andan polo estuario do Miño.
    2 hr
  • Venres 24/05/2024
    Festival musical para este #Esperta de venres. Seguimos a celebrar as Letras Galegas no auditorio de Valladares con dous concertos: o sábado Beatriz Martínez e Langarika, e o domingo a banda que trae o proxecto “Unha noite de amor con Lela”. Ademáis cita cos The Rapants no Festival de Cans.
    2 hr 2 min
  • Xoves 23/04/2024
    O domingo hai Asemblea de socios do Centro Veciñal e Cultural… búscase nova xunta directiva! E xa que andamos pola casa coñecemos a Miguel Anxo Alonso Diz, que ven contar un conto aos rapaces da ludoteca: “O país da choiva”
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!