ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 08/05/2024
    Resaca deportiva con Anne Senosiain, base do Celta Zorka Recalvi feminino, que ven de acadar a permanencia na Liga Feminina 1. Ademais, coidamos os nosos pés? Diso falamos con Alicia Diéguez, podóloga en Valladares. E con eles listos, podemos patear os carreiros na andaina do domingo polos Montes de Vigo.
    2 hr
  • Martes 07/05/2024
    Imos de safari mariño? Snorkel nas Cíes coas rapazas de 13grados. Ademais, coñeceremos o zenTANGLE con Sheila García, unha das propostas para a cativada no mes das letras galegas no centro cultural de Valladares. E conversa con Tomas Wyatt sobre, no-dig, o peculiar xeito co que traballa a terra.
    2 hr
  • Luns 06/05/2024
    Museos… mellor dito exposicións, artistas, espazos, comisarios… vai programa cultureta. Inaugurou no Museo do Mar Elena Alonso Fernández, que trouxo á terra as súas algas laminarias. Falamos con Carlos L. Bernárdez de como foi comisariar unha exposición de Colmeiro. E coñecemos a asociación Évame Oroza, un novo espacio na cidade.
    1 hr 59 min
  • Venres 03/05/2024
    Mes de maio, mes das Letras Galegas, e como todos os anos dende o Centro Veciñal e Cultural ofrecen un amplio abano de actividades. Ademáis, coñecemos ao grupo Gallego Común. E proposta peculiar, os “Doziños”, caramelos de pementos de Padrón.
    2 hr 2 min
  • Xoves 02/05/2024
    Traemos un #esperta moi da casa. O cementerio privado da parroquia está de aniversario e venres ten a asamblea anual. Ademais, un spoiler da charla que vai ter lugar luns á tarde, sobre as persoas maiores e a súa atención na sanidade pública galega. Tamén nos visita a traballadora social, que nos conta das axudas que van saindo para sacar o carné de conducir. E, para rematar, unha historia de vida, a de Urania Mella.
    2 hr 1 min
  • Martes 30/04/2024
    Última cita dos monográficos arredor da oralidade. Desta volta veñen hoxe ata o Verbum Félix e Cástor Castro Lorenzo, para falar dos monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos. Ademáis, conversamos con Raquel Mascaraque que ven de presentar o seu libro “¡A cerebrar!”, unha viaxe polas emocións. E a xente do proxecto Cansat cóntanos que tal o seu satélite, se deu chegado ben á terra.
    2 hr 2 min
  • Luns 29/04/2024
    Vamos de luns… imos meternos nas cociñas da contorna a ver que se está a cocer. Ademáis, falamos co FICBUEU, que nos contan os plans desta edición na 2ª residencia artística nas Ons. E coñecemos o libro 'Melodías e voces esquecidas, un século de escena lírica en Vigo (1832-1931)' da man do seu autor, Carlos Enrique Pérez.
    2 hr
  • Venres 26/04/2024
    Nos últimos anos as candorcas, a súa interacción cos barcos nas costas galegas, saltaron aos titulares dos medios de comunicación… para coñecelas mellor dende o CEMMAcetáceos elaboraron unha serie de materiais didácticos. Falamos con Alfredo López, investigador e debuxante que está metido neste proxecto. Ademáis, imos mirar a que anda a xente de Realidad Alternativa, que desta volta argallan experiencia por Vilanova dos Infantes cos Irmandiños.
    2 hr
  • Xoves 25/04/2024
    Conversa con Paco Barreiro, que vai estar no Verbum para falar de “A música da palabra”. Ademáis, coñecemos un pouco máis a Luisa Villalta da man de Prudencio Viveiro, quen reeditou en Edicións Laiovento un libro da escritora coruñesa sobre o Hamlet de Cunqueiro. E falamos coa xente da AA.VV.San Miguel de Oia, que seguen loitando polo seu patrimonio natural.
    2 hr
  • Mércores 24/04/2024
    Hai quen xa ten asegurada a plaza para os Xogos Olímpicos… e con sorte ademáis de traballar vai poder disfrutar deles. É o que lle ocorre a Loreto Pérez, xueza árbitro de atletismo, que ademáis recolle esta fin de semana o galardón como mellor xuíz da Real Federación Española de Atletismo. E xa que temos un regusto doce falamos de mel, da que produce Maestro Apicultor.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!