Aínda estades a tempo de anotaros á Andaina que organiza o Centro Veciñal e Cultural de Valladares, coñecemos algo do percorrido. Falamos con Xabier Ron, que vai falar do feito trobadoresco na súa globalidade oral nos monográficos do CIOV. E en patrimonio… coñecemos o muíño de Porto do Molle.
Unha marca galega, Panaderia_designs vai estar na semana da moda sostible de Madrid… e imos coñecer a súa proposta. Ademáis, falamos coa xente de ButacaZero que anda de xira coa súa obra “Iribarne”. E “Aquí tamén se fala”, unha proposta dos institutos galegos para recoñecer aos establecementos que utilizan a nosa lingua. Conversamos dela con Malores Villanueva.
Para gustos cores, así que propostas variadas neste venres de abril. Falamos de Nihil, o proxecto musical de Diego Alonso, e da campaña de micromecenazgo para lanzar o seu primeiro disco. Conversamos con Manoel Da Costa, que está no Verbum nun ciclo que organiza o CIOV sobre oralidade. E teatro… 'O Péndulo' despídese esta fin de semana.
Do programa Erasmus + e de outras moitas opcións de bolsas para a xuventude imos falar hoxe. E tamén das propostas da nova edición da Semana Xaponesa da EOI. Ademáis, conversa con Manolo González que, apaixonado pola historia do cine vigués como é, agora vainos contar que é o benshi.
Un paseo polos montes… polos de Nepal co guía de montaña Nacho Pequeno. E outro máis pretiño, por Redondela, que andan a voltas co Artelixo. Ademáis, coñecemos que fai CRAEGA, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Imos ao espacio… a lo menos é o que van intentar dende o IES Álvaro Cunqueiro co proxecto CANSAT, un satélite nunha lata. Ademáis, coñecemos algunha das iniciativas que ten en marcha Alborada, desta vota o proxecto Creative. E algo de patrimonio inmaterial, cociña do outro lado do Atlántico. A sopa de cabaza Esta sopa Joumou de cabaza de Haití ten a súa historia e é patrimonio da humanidade.
Que vos parece un borgoña para comezar a semana? Quedamos mellor cun libro “El viñedo de la luna”, de Carla Montero. E ademáis, imos coñecer “Hexagonum”, o novo proxecto de Troula.
Venres, bo tempo e propostas musicais. Conversa con César, o director da banda, que comeza a encherse a súa axenda esta tempada. Ademáis, falamos con Isidro Vidal, que presenta “Todo ou Nada”, e axenda, propostas para a finde.
No Centro Veciñal e Cultural ofrecen multitude de servicios, entre elas clases de reforzo para as crianzas que así o precisan. Sabíadelo? Ademáis, falamos con Montes de Vigo, que estiveron presentes na Semana Cultural do IES Valadares. E proposta musical, que é “juernes”, tomar algo en El Contrabajo.
Para o #esperta deste mércores, conversa con Judith Rodríguez, esgrimista en cadeira de rodas. Ademáis, coñecemos a firma de xoiería Andrés Gallardo. E quedamos por Vigo, que aínda está aberto o prazo de presentación de pezas aos concursos do Museo Liste.
2 hr
About ESPERTA VALLADARES
From the publisher's feed
ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!