ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Martes 09/04/2024
    ACEGA, a Asociación de Celíacos de Galicia cóntanos o día día dos que padecen esta enfermidade. Ademáis, falamos coa ambientalista Maite Huertas do seu proxecto de limpeza de praias en Vigo. E visita ao Gaiás, a Cidade da Cultura de Galicia, que teñen aberta unha ventana ao Galiverso dos Museos galegos.
    2 hr
  • Luns 08/04/2024
    Hai eclipse, que o saibades, aínda que non o poidamos ver. De estrelas falamos coa xente da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura. Ademáis música, Francisco Castro decidiuse a poñer sons aos seus pensamentos, 'Agora é o tempo'. E houbo un chisco de tempo para pasear polas historias do Café Bar Derby de Vigo.
    2 hr 2 min
  • Venres 05/04/2024
    O poder terapéutico da música, para os pacientes, pero tamén para o persoal e mesmo os músicos, falamos coa xente do conservatorio que están tocando no Cunqueiro. Unha volta polo Centro Cultural, imos ver que se cociña, literalmente. E proposta para esta finde, ide de tabernas, que temos unha guía “Vigo y sus tabernas actuales”, de Salvador Beloso.
    2 hr 2 min
  • Xoves 04/04/2024
    Visita ao Museo do Mar onde podemos pasar un rato ben divertido coas fotomontaxes de Augusto Pacheco. Ademáis, proposta de rutas en bicicleta por Vigo coa xente de Biking Vigo. E logo, quedamos na casa a repasar a actualidade do Centro Veciñal e Cultural.
    2 hr 1 min
  • Mércores 3/04/2024
    Desta volta quedamos por Vigo, coñecer o traballo de Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Imos dar unha volta polos fondos mariños das Illas Cíes coa xente do CSIC. Descubrimos o mundo das raias, concretamente das mosaico que viven uns 9 anos. E paseo polos xardíns do Pazo de Castrelos, pero dun xeito diferente, deixándonos levar polo percorrido sensorial desenvolto por BMJ arquitectos.
    2 hr
  • Martes 02/04/2024
    A Reconquista de Vigo… dámoslle unha volta á historia e ao presente. Paseo polo renovado castelo do Castro, conversa coa xente da Vigo Film Office , que organiza un concurso de microcortos, e comezaremos a mergullarnos no Diccionario de Vigueses do Instituto de Estudios Vigueses.
    2 hr 1 min
  • Luns 01/04/2024
    Propostas femeninas para este luns de Pascua. Coñecemos a Elena Alonso Fernández, artista plástica que plasmou nas súas obras os fondos da Ría de Vigo. Ademáis, falamos cunha luthier, Julia Marín, que fai pandeiretas, pandeiros... E nestas datas, como ides de roscóns? Conversa con mulleres que levan mais de 50 anos amasándoos.
    1 hr 59 min
  • Mércores 27/03/2024
    Ás portas da Semana Santa imos tomarnos os deportes con humor… como se prepara un costaleiro? E algo de música: Cantometrics, outro dos grupos que estiveron en Valladares no Memorial Moxenas, e a proposta do II Ciclo de Música Antigua, organizado polo Coro de Voces Graves de Vigo.
    2 hr
  • Martes 26/03/2024
    Abrimos o #Esperta descubrindo gaiteiras galegas co libro "As que dormen entre o centeo", da Asociación de Gaiteirxs Galegxs.. Ademáis, coñecemos quen está detrás do proxecto Estatalá, que viñeron ao Memorial Moxenas. E o patrimonio deste martes deixámosllo aos que saben. Falamos con Carlos L. Bernárdez sobre o seu libro "BESTIARIO EN PEDRA. Animais fabulosos na arte medieval galega", de Laiovento.
    1 hr 58 min
  • Luns 25/03/2024
    Proposta musical diferente a que nos fan dende Cemento Musgo neste #espertavalladares de luns. Ademáis baixamos ata Príncipe, que hai exposición na rúa 'Nano Cosmos'. E xa que estamos na primavera, imos coñecer con @13deraiz, que plantas non deben faltar na casa.
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!