ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 24/08/2023
    Unha de papar, que marchamos coñecer a festa dos ovos de Nespereira. Despois sentamos nunha mesa camilla falar de pan, de burros comecurnuchos, de pantalóns… E viaxamos a Menorca, a voltas cun contrabaixo.
    2 hr
  • Mércores 23/08/2023
    O Frigoríficos do Morrazo está doutro lado da ría, pero nas súas filas temos un cachiño de Valladares, xa que xoga Juan del Arco, socio do Centro Cultural. Ademáis estamos no mes das festas, dos xigantes e cabezudos paseando polas vilas e cidades galegas.
    1 hr 58 min
  • Martes 22/08/2023
    Libros, librarías, contacontos… o importante é chegar aos lectores. Coñeceremos a José Gil da man do historiador Manolo González. Falamos co escritor Anxo Fariña e viaxamos ata a Lama ver por onde anda a Furgolibro da Tía Ni. E na casa proposta de contacontos… máis á volta do verán.
    1 hr 58 min
  • Luns 21/08/2023
    Morcegos, sardiñas e demáis fauna e flora. Conversas varias arredor do mar, e do río. Conversas con biólogos do Parque Nacional Illas Atlánticas e coa xente do IEO de Vigo. Ademáis unha volta polo Mar de Blues en A Guarda, e pola Mostra de Teatro de Ribadavia.
    1 hr 59 min
  • Venres 18/08/2023
    Valladares, pasado, presente e futuro. Coñecimos o cine Mary por dentro, e un pouco da súa historia. Conversa con Caseiro sobre os seus tempos de carteiro da parroquia e visita no recuncho da radio de quen chegou da China a asentarse na Sobreira.
    2 hr 3 min
  • Xoves 17/08/2023
    Un paseo pola historia… pola exposición de traxes de Sete Espadelas, que recreou as fotografías de Ruth Matilda Anderson, e coñecendo a figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no día das Letras Galegas.
    Ah! Rematamos a tempada de directos. Estes días de agosto van uns #EspertaValladares coas conversas que nos pareceron mais aqueladas.
    1 hr 57 min
  • Venres 11/08/2023
    Neste venres imos falar de que ferramentas disponemos cando estamos na última etapa d nosa vida no hospital. Conversa con Maruchi Blanco da Asociación Derecho a Morir Dignamente.
    https://derechoamorir.org/testamento-vital/#galicia
    2 hr 2 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!