ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 27/07/2023
    O mundo dos unicornios (e dragóns) visto dende os rapaciños do campamento. Antes, conversa co antropólogo Rafa Quintía sobre o uso dos cornos de animais como amuleto e na mediciña popular. Ademáis, un "como foi" o Vikul, festival de danza urbana en Vigo. E un "como vai ser" o Nigránjazz.
    2 hr
  • Mércores 26/07/2023
    Conversa con María Bautista, árbitra internacional de taekwondo. Unha sorpresa gustosísima esta viaxe polos tatamis do mundo mundial! Ademáis, parada en Nigrán, para saber como foi o encontro internacional de cerámica cos mestres mexicanos.
    2 hr 1 min
  • Venres 21/07/2023
    Á beira do mar e mais do río. Imos ata Ons e Sálvora para coñecer os fondos mariños coas rapazas de 13grados. E viaxamos á Eurocidade Tui-Valença descubrindo os espacios musicais do IKFEM.
    2 hr 1 min
  • Xoves 20/07/2023
    Un #Esperta ben chic. Mesturamos a Lula Goce, que anda polo mundo mundial co pincel na man. Paseamos por praia América, lembrando cando era a Niza galega. E rematamos nun estadio de fútbol con mil músicos, no Rockin'1000 co batería Suso Valcárcel.
    2 hr 1 min
  • Mércores 19/07/2023
    Unha deportes, judo con Marivic. Unha de música dos 80s, con Mettro Pop Rock. E unha de psicoloxía de andar por casa… para sair da depre.
    2 hr 1 min
  • Martes 18/07/2023
    Festa e vacacións son dúas palabras que estes días están en boca de todos. Así que, propostas para desfrutar. Coñecemos Marikiná o parque de aventuras que está ao carón do parque forestal de Beade. E falamos da recuperación da farsa de Damas e Galáns de Lavadores, que volven bailar o 24 de xullo.
    2 hr
  • Luns 17/07/2023
    Coñecedes a Man de Camelle? Carmen Hermo escribiu un libro onde nos achega a súa historia. Ademáis, un pouco de música, con Molsom e as súas versión de bandas sonoras. E escoitamos que andan a ler os cativos do campamento. Libros de aventuras, o que mais.
    2 hr 1 min
  • Venres 14/07/2023
    1923, Érase unha vez o Celta (e o Valladares). Plan de venres, unha cerveciña e unha pachanga. 'Historia Visual do RC Celta', editado por Aira, e a cervexa, a de Nós.
    2 hr
  • Xoves 13/07/2023
    Collede o petate que imos de ruta. Percorridos guiados e divertidos polo porto de Vigo con Fundamar. Logo imos a Trevinca, coñecer este destino Starlight. E rematamos en Ribadavia, que comeza a MIT.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!