ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 28/06/2023
    Historias de aquí e de acolá. Falamos con Juan Del Arco, xogador do Frigoríficos do Morrazo, e damos unha volta pola Mostra de Teatro de Cangas.
    2 hr
  • Martes 27/06/2023
    Martes variado, que a veces os programas saen así. Voltamos a Ferrol, pero da man dos seus graffitis, co documental “Bienvenido Mr. Banksy”. E coñeceremos a asociación Can de Palleiro que, coma os galegos, xa viven en moitas partes do mundo. Ah! e teñen libro de familia loongo (case ata os tatarabuelos).
    2 hr 2 min
  • Luns 26/06/2023
    Moito nos gusta sentarnos con xente interesante arredor dunha mesa. Escoitamos a conversa con Maruja Pérez Dávila, filla de “María do abade”, sierva de San José, e unha das monxas que saíron nos anos 60 dun grupo de amigas do barrio do Portal.
    2 hr 1 min
  • Venres 23/06/2023
    San Xoan!!! Vale, en realidade é o sábado, pero as fogueiras son esta noite. Esa é a nosa tradición, pero aproveitamos o programa para coñecer outras realidades, que en Menorca é festa grande. Así que xa sabedes, a partir das 21:30 comeza a festa no Centro Cultural! Ah, e antes é o festival de fin de curso de patinaxe.
    2 hr
  • Xoves 22/06/2023
    Aventuras e desventuras de ser músico e transportar o teu instrumento, sexa un flautín ou un contrabaixo. Conversamos cun músico da banda de Valladares. Por certo, a Escola de Música este domingo ten a audición de fin de curso. E xa anunciamos a fogueira da casa. Non hai sardiñas, sí chouripán.
    1 hr 59 min
  • Mércores 21/06/2023
    Marchamos para o monte… pero ben acompañados, con Nacho Pequeno que nos fala das súas andanzas nun trail de 7 días polo Mont Blanc. Ademáis coñecemos a Asociación Pozovello de Soutomaior e o seu traballo de dinamización da parroquia. E unha voltiña pola Lanzada… fúchedes saltar as ondas? Pois o que hai é que bañarse nelas, non saltalas, e coa auga a bater na barriga. E logo xa entra a vida, os pañales...
    2 hr 1 min
  • Martes 20/06/2023
    O Liste sempre ten actividades curiosas, desta volta relacionadas co San Xoan… damos un paseo polo museo. E xa que andamos no mundo das tradicións… coñecemos o traballo do luthier Alberto Pires. E conversa sobre a historia das mulleres no Vigo da primeira metade do século XX con Elena Durán, que presenta libro sobre elas.
    2 hr
  • Luns 19/06/2023
    De luns si, pero con propostas para a finde. Comenzamos marchando ata Allariz, un paseo polo seu festival de xardíns. Nel seguro que podemos atopar as plantas e flores que precisamos para facer o cacho de San Xoan como nos explica Silvia Domínguez no seu caderno de campo. E coñeceremos Ferrol… unha cidade fea?
    2 hr 3 min
  • VENRES 16/06/2023
    Conversa, divertida, co Instituto de Estudios Vigueses e a Fundación Xoán Piñeiro. Vida, obra e milagros de ser unha escultura en Vigo. A parte cultureta no auditorio, o sábado, coa mostra de Tai-Chi e danza moderna coas Seras. Ah, e apareceu o asfalto no camiño de Santiago. Imos a pola compostelana
    2 hr 1 min
  • XOVES 15/6/2023
    Conversas arredor dunha mesa camilla, un móbil co que gravar e nós a escoitar. Todo a partir da historia do burro que comía os curnuchos do pan.
    A historia da panadeira de Beade que repartía o pan por Valladares. Ademáis escoitaremos aos caminantes: Ultreia!!
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!