ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 31/05/2023
    Chapuzóns, estrelas de mar, furnas… unha de plans divertidos pola Costa da Vela con Turac Aventura. Ademais, estamos na semana do medioambiente. En Tomiño, entre outras actividades, hai ruta para coñecer as árbores senlleiras dalí. Estado anímico en modo ON? Van uns conselliños da psicóloga do cultural para ter unha autoestima sana.
    2 hr 3 min
  • Martes 30/05/2023
    O 30 de maio ven sendo o Día Mundial da Esclerose Múltiple. Dende o Esperta poñemos o noso gran de area conversando coa asociació AVEMPO. E como é martes e nos gusta dar unha voltiña polo noso patrimonio desta vez engadimos ás pedras algo de turismo gastronómico. Imos coñecer Lourenzá e o seu Centro de Interpretación da Faba.
    2 hr
  • Luns 29/05/2023
    É o luns das Pascuillas e na Franqueira están de festa…. e centos de romeiros camiñando para chegan ata alí. Camiñar, camiñar iso foi o que fixo durante un mes Caseiro. Un veciño de Valladares, que o pillamos recién chegado do camiño francés dende Saint-Jean-Pied-de-Port. E, logo, unha volta pola parroquia, pequenas historias dos nosos ouvintes.
    2 hr 1 min
  • Venres 26/05/2023
    Y un huevo! Ou varios… imos saber cantos cascaron na festa do huevo de Pazos de Borbén a finde pasada. Ademáis, un chisco de música. O circuito de jazz nas parroquias co Combo da Imagine Jazz Orchestra da Mayeusis. E Aldaolado, que dan concerto no auditorio sábado.
    2 hr 2 min
  • Xoves 25/05/2023
    Un clásico da noite viguesa, el Toni’s. Falamos dos seus anos dourados e do documental sobre el. Ademais, unha de conto para nenos cativiños. Os que teñen lugar no auditorio o último venres de cada mes. Mañá toca un para ‘fanados’, o ratoncito Pérez. E rematamos cun conto chino, as vivencias de Álex, un veciño de Valladares que viviu na China mandarina os últimos dez anos, ou case.
    2 hr
  • Mércores 24/05/2023
    Deportes, a toda velocidade, á mesma que irán os coches esta fin de semana no Rally Rías Baixas. Ademáis conversa de libros, cunha librería ambulante a Furgolibro da Tía Ni, e unha volta, revolta, con Cris Collazo, que coa súa compañia A Cova das Letras ven de estrear espectáculos sobre Castelao e Frida Kahlo.
    2 hr
  • Martes 23/05/2023
    Comezamos mirando ás Cíes... imos ata o TerraCeo. Ademais, unha voltiña polos pans do mundo dende Oriente Próximo ata o Sudeste Asiático, con Edu Lavandeira. As receitas para dummies e as fotos lindas, no libro 'Planeta Pan'. E mais Ruth Matilda, desta volta coma personaxe en sí. De que foi a primeira que traduxo a Rosalía ó inglés e outras cousas, falamos coa investigadora Alba Rodríguez.
    2 hr
  • Luns 22/05/2023
    Luns cultureta… falamos co escritor e ilustrador Anxo Fariña e depois… un conto, unha historia familiar que comeza nos anos 40 do pasado século, no Ribeiro, en Sadurnín.
    Ah! O Esperta hoxe ten trible ración de toxos.
    2 hr
  • Venres 19/05/2023
    Volve o Sinsal, no seu formato primavera, con propostas deste e doutro lado do Miño. Ademáis falamos con xente da coral que este sábado actúan no auditorio dentro do programa das Letras Galegas, e conversa con César, o director da banda, que están o domingo.
    2 hr
  • Xoves 18/05/2023
    Un pouco de todo que estamos de luns… ou mellor dito de xoves. Propostas dende Matamá, que andan a organizar as I Xornadas de ‘Os instrumentos musicais da tradición galega’. Ademais, achegarémonos ata o Balneario de Mondariz, a ver que están a argallar dende Realidad Alternativa e quedamos na casa que este domingo hai asamblea.
    2 hr 2 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!