ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 04/05/2023
    A piques de rematar o festival Creativa achegámonos á galería Maraca coñecer a súa proposta cultural. Último paseo con Ruth Matilda Anderson… imos á taberna… e despois de furancho a Gondomar, á de Martín en Mañufe.
    2 hr
  • Mércores 03/05/2023
    Coñecedes a marcha nórdica? Falamos con Naza Tilve desta disciplina deportiva. Seguimos paseando pola exposición “Fragmentos de onte”, desta volta paramos na zona adicada a roupa de gala. E conversa con Javirroyo, que ven de presentar o seu libro “Dibujo, luego pienso”.
    2 hr 1 min
  • Martes 02/05/2023
    Despois dun fin de semana largo toca volver á rutina, pero con calma. Imos ata Pontevedra para que nos falen das propostas desta edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Un paseo pola exposición “Fragmentos de onte” (Asociación Etnográfica Sete Espadelas) e música, coñecemos a Amorodo, que presenta novo EP, “O monstro segue aí”.
    2 hr
  • Venres 28/04/2023
    Esta fin de semana celébrase o Play-Doc en Tui, falamos coa organización. Ademáis, escoitaredes o noso paseo polo Casco Vello e xa que estamos por alí parada na Taberna A Mina, para explicarnos ben de que vai o seu particular Tinder.
    2 hr 1 min
  • Xoves 27/04/2023
    Portugal e Xapón no mesmo programa. Conversa con Acordeireta, que estivo de concerto con MJ Pérez e CRUA na Sala Rebullón celebrando o 25 de abril. E paseo polo Casco Vello onde podemos atopar unha pequeniña pastelería xaponesa, Sen. Por certo, na Escola Oficial de Idiomas están a celebrar a semana xaponesa e onte poideron degustalos na ceremonia do té. Ah, e recomendación literaria, “Desfiladero”, de Beatriz Fernández.
    2 hr
  • Mércores 26/04/2023
    Nos deportes coñecemos o traballo da Fundacio Isidre Esteve na nosa cidade. Ademáis, plan na casa que os últimos venres de mes hai contacontos! O venres (19:30) é o turno de A Galiña Carolina, contado por María Comesaña e Raúl Alonso. E poñemos rumbo ao mar para falar coa xente do IEO Vigo - Investigación Marina y Divulgación que está a traballar no proxecto PELACUS, unha campaña para ver como lle vai á sardiña e familia.
    Curiosidade.... aquí podedes seguir o percorrido dunha pinga de auga (para os que andades detrás dos memes sobre a seca na península e choiva en Galicia)
    https://river-runner-global.samlearner.com/
    2 hr 1 min
  • Martes 25/04/2023
    Mel De Galicia estivo presente no Salón Gourmet, falamos coa presidenta da IXP, da experiencia nesta cita gastronómica. E patrimonio. Desta volta subimos ao Galiñeiro da man do equipo de arqueólogos que baixo a dirección de Mario Pereiro está a descubrir a súa historia.
    2 hr
  • Luns 24/04/2023
    A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo estrea xunta directiva. Falamos con eles. Ademais, unha viaxe polo tempo… imos coñecer a botica de Doade, en Beariz. Quizais serva de inspiración para os concursos do Museo Liste sobre a menciña popular. Bulide!
    2 hr
  • Venres 21/04/2023
    Unha de pasear os lugares onde vivimos, andaina de Valladares. Vai pola XIV edición, e inda que o trazado sexa sempre dar voltas ó Alba, o percorrido ten variantes cada ano. Ademáis, conversa coa xente de Ataque Escampe que estrean disco, “Cabalgata”. E un chisco de ideas culturetas para esta finde.
    2 hr 3 min
  • Xoves 20/04/20203
    As citas presenciais nas administracións son un dereito dos cidadáns… falamos diso co avogado Diego Gómez. De dereitos, de igualdade e diversidade conversaron en Santiago no II Congreso LGTBIQ+ de Galicia. E alí estivo Marcos Barreira, coordinador clube da diversidade no IES Valadares. E tamén damos unha volta pola casa, para ver a que se anda na área veciñal e cultural.
    https://www.derechoadministrativoyurbanismo.es/post/la-cita-previa-obligatoria-en-las-administraciones-p%C3%BAblicas
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!