ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Luns 26/12/2022
    Para comenzar a última semana do ano, traemos un par de conversas. Unha vai de viaxes, o paseo por un glaciar en Islandia con Nacho Pequeno. E outra vai de coñecer a cidade olívica. ‘Todo chega desde o mar’, o libro de Santiago Ferragud.
    2 hr 2 min
  • Venres 23/12/2022
    Traemos unhas panxoliñas que nos viu cantar Luis Caruncho. E pasamos a mañá de palique escoitando historias da vida, algo de música portuguesa. Ademais, ideas para sair da casa, ou quedar nela, esta Noiteboa.
    2 hr 1 min
  • Xoves 22/12/2022
    O día da saúde, chegou! E nós, invitamos ó estudio a dous rondalleiros. Conversa distendida mentres van caindo as bolas do bombo.
    2 hr
  • Mércores 21/12/2022
    Desta sí que vai. A conversa co noso Guillermo Tell, o arqueiro Miguel Alvariño. E algunha historietiña mais para este mércores… a das corais en Galicia. Conversamos con Enrique Lorenzo, presidente de ACOPOVI, deste estudio que fixo o Consello da Cultura Galega nos meses de verán.
    2 hr
  • Martes 20/12/2022
    Cando miramos as lavandeiras nos campos, din os vellos que ven o frío. Falamos das aves que veñen parar ‘ó caribe das nosas rías’ coa xente de SEO Pontevedra - Grupo Local. Ó quente quente, hai un paraiso termal ó longo da beira do Miño. Paramos nunhas ben xeitosas, as Termas de Prexigueiro. E tamén vai unha voltiña polos microbeléns do Museo Liste.
    2 hr 1 min
  • Luns 19/12/2022
    Este luns falamos de camelias, que xa están en flor, con Carmen Salinero, presidenta da Sociedad Española da Camelia. Tamén coñecemos persoaxes neoyorkinos, os de Patricia Bolaños Illustration no seu libro 'New York is the thing'. E vai un 'on tour' polos ensaios dos grupos folclóricos de Valladares na procura de panxoliñas e repertorio navideño.
    2 hr
  • Venres 16/12/2022
    Fisgamos na ludoteca a ver a que xogan os cativos alí. Eles han chegar a vivir no 2094... e daquela, seguirá a existir o Camiño de Santiago e como serán os pelegríns? Imaxinación, que non falte. Iso foi o que lle botaron no espectáculo Inventio. Ademáis, charla distraida con xente que anda aprendendo dos nosos montes, nas aulas e mais no terreo da Mancomunidade de Montes de Vigo.
    1 hr 59 min
  • Xoves 15/12/2022
    Xente nova e redes socias, que uso fan? Falamos disto co investigador Antonio Rial Boubeta.
    Despois, ‘Historias do Nadal de Vigo en 90 segundos’, o concurso da Vigo Film Office, e panxoliñas, a música de Advento do Coro Voces Graves de Vigo.
    2 hr 1 min
  • Mércores 14/12/2022
    Unha partida de xadrez… ou varias, que este domingo hai torneo en Valladares. Por aí vai o deporte deste mércores.
    Ademais, coñecemos 'A saia raiña', o traballo de campo de Rita Más sobre o costume de gardar o loito en Galicia. E finalmente, unha volta polo Circo de Nadal. A historia deste ano ambiéntase nunha panadería en apuros... a Panificadora no día en que caeu a gran nevada en Vigo, alá nos anos 60.
    2 hr 2 min
  • Martes 13/12/2022
    Descubrimos un feixe de rutas (52) para percorrer Galicia en bici. Falamos coa Federación Galega de Ciclismo.
    https://es.wikiloc.com/rutas/ciclismo/espana/galicia
    E, coma hoxe é martes 13, demos cun grupo de rock que se chamaba así. Nos anos 60 percorrían as aldeas galegas e anunciaban os seus concertos con carteis de 'brujulas en escóbulas'.
    Ademais, tamén imos ir ata a sala dos menciñeiros no Liste a coñecer meigas, que habelas hailas. Nuria Ferreiro Amoedo amósanos nunha exposición temporal algúns dos rituais e rezos da tradición curandeira na súa familia.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!