ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 24/11/2022
    P-A-Q-U-E-T-A… con estas letras había que buscar un novo nome… e naceu o Bar Ataque. Fumos almorzar e coñecer un pouco máis da súa historia e da xente que por alí para. Luis do Freixo retratounos nun libro 'El Ataque. Social Club', o sanatorio das Carneiras.
    2 hr
  • Mércores 23/11/2022
    Toca deportes… e parece que están a xogar un Mundial de Fútbol… así que tertulia, que non hai galegos pero o estamos a seguir. Ademáis, damos unha volta polos corredores do CVC de Valladares, que hai unha nova exposición coas obras de Basilio Calzado. E ás portas do Nadal, coñecemos o traballo no viveiro López Novoa.
    2 hr
  • Martes 22/11/2022
    Co tempo que fai o plan para hoxe non pode ser mellor que un bo café mestres escoitamos música. Así que aí van: conversa con Sés, que presenta disco, ‘Diante un eco’, e visita ás instalacións de Roots Café.
    2 hr 2 min
  • Luns 21/11/2022
    Conversas de luns… imos ata Tomiño onde está o taller de artesanía de Vikensen para coñecer o seu traballo. Ademáis damos unha volta pola historia das ‘Pioneiras’ galegas e falamos da ‘Gran Recollida’ do Banco de Alimentos.
    2 hr 1 min
  • Venres 18/11/2022
    Chega Santa Cecilia e os músicos andan de celebración. A banda de Valladares, inda mais, que este ano cumpre os 120 anos de vida. Ademais, última tanda dos nenos do cole monte Alba, ‘os koalas’. E, como é venres, ideas para usar ben o tempo da finde.
    2 hr 3 min
  • Xoves 17/11/2022
    Outra gala mais. Desta volta para recoller fondos e axudar a astrónomos de Afganistán. A conversa desta mañá é coa Fundacion Ceo Ciencia e Cultura.
    Sodes fans dos calcetíns discretos? Falamos coa xente de SomosOcéano que presenta nova colección inspirada no universo de Pedro Almodóvar. E rematamos o Esperta escoitando ós 'elefantes’, outra das clases do cole Monte Alba que viu de excursión ata a radio.
    2 hr
  • Mércores 16/11/2022
    Versión reducida do Esperta, que hai gala de Ponte nas Ondas. Coñeceremos a historia dunha pioneira, Sofía Casanova, a primeira corresponsal de guerra no estranxeiro. Daremos unha volta por Pontevedra para atopar nos escaparates das tendas de tecidos traxes tradicionais da Asociación Sete Espadelas. E escoitamos aos nenos da Escola Infantil Monte Alba, que viñeron de visita o venres.
    1 hr 30 min
  • Martes 15/11/2022
    Quen dixo pedras!?! Se non queres unha taza, tres. Falamos sobre os Templarios na comarca de Vigo, que deixaron pegadas.
    Outros mamotretos incrustados nas pedras, os órganos das igrexas. A Orquesta Clásica de Vigo ten un ciclo de concertos co da Colexiata de Vigo.
    E para rematar, a Catedral de Mondoñedo para coñecer... os zapatos dos obispos!!
    2 hr
  • Luns 14/11/2022
    Arrincamos a semana con conversas das que prestan. Falamos co arquitecto César Portela, autor do proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui, e tertulia cun grupo de mulleres de Valladares que a finais dos anos 70, sendo unhas nenas, comezaron a traballar no mundo da conserva.
    2 hr 1 min
  • Venres 11/11/2022
    Día das mulleres escritoras… para celebralo imos falar con Isabel Blanco-Rivas, a nosa pequena homenaxe agora que ven de publicar “Galegas nas artes”. Ademais, conversamos con Carlos Leiro, sobre a campaña “Cada neno un xoguete”. E proposta, ir mirar El Médico "El Musical". Falamos coa actriz protagonista, Cristina Picos.
    2 hr 1 min

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!