ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Xoves 10/11/2022
    Un xoves como outro calqueira. E nós traemos tres historias para animar a mañá. A do batiscafo deseñado por Héctor Salvador, que podedes mirar na Semana do Cine Submarino. Vancubic, transformando furgonetas en ‘minivivendas de fin de semana’. E para rematar, asamblea do cvcv e plan para o finde, que hai magosto!
    2 hr
  • Mércores 09/11/2022
    Mércores de deportes, e de animais. Falamos de doma clásica coa xente de Llamas de Cea e coñecemos o traballo do veterinario David Quiñones. Ademais, conversamos con Jesús Pozo sobre o curso que se vai impartir na UNED co suicidio como eixo central.
    2 hr 2 min
  • Martes 08/11/2022
    O queixo curado de cabra de A MeixoEira S. Coop. Galega está tan bo que volveu gañar premio no campionato do mundo. Ademáis, olleamos o ‘Atlas da Galicia Pequeniña’ co seu editor, César Lorenzo, de AiraEditorial. E como nos da tempo, damos unha voltiña polo noso patrimonio. Toca Allariz.
    2 hr
  • Luns 07/11/2022
    Chegar a lugares inesperados e descubrir música por sorpresa, moola. Comenzamos o luns con Carla Lourdes, que estivo nun Sofarsounds por Vigo, e con Guido Guía, que nos leva polos rincóns menos coñecidos das cidades galegas.
    2 hr
  • Venres 04/11/2022
    Algúns plans culturais, que chega a finde! Estes son para sábado.
    Na casa chega ata o auditorio a comedia de Atrezzo Teatro, 'Que familia!'. Non moito mais lonxe, no Baile Vello, castañas e viño que chega o San Martiño. Serán e chouripán. E por se queredes quedar na cidade, plan solidario con Bicos de Papel.
    2 hr 2 min
  • Xoves 03/11/2022
    Marchamos coñecer a Rede Aldear, arte no rural entre Lugo e Ourense. Ademáis, comida internacional cun toque de tempada. Probaremos os raviolis con grelos de Murolo Foods! E quen non coñece Os Bolechas? Conversamos co seu autor, Pepe Carreiro.
    2 hr
  • Mércores 02/11/2022
    Voltamos, cunha super nadora. Tita Lloréns foi de Cíes a San Simón e, como era pouco, volveu a praia de Rodas… nadando! Ademáis, para os amantes do músico Prince, agora 'prince á galega' con Purple Rei. E algo mais, que hoxe é Día de Mortos e visitamos o altar que teñen no centro veciñal de Saians a Asociación de Mexicanos en Galicia.
    2 hr
  • Luns 31/10/2022
    Algúns medos foron cambiando no tempo (home do saco, santa compaña...) e outros, mais universais, perviven no tempo (ós fenómenos da natureza, a certos animais...). Coa excusa do Samaín, os coles fan un traballo en coñecer os medos e procurar recursos para afrontalos. Neste especial #lunsoutubro recupereramos unha vella conexión coa escola infantil Monte Alba e con xente que viviu a súa infancia nos anos 50.
    1 hr 54 min
  • Venres 28/10/2022
    Chegou o 'Samagostín'. Dámoslle unha volta ós plans terroríficos pola contorna. Para maquillarnos imos á ‘maleta de unicornio’ da caracterizadora Iria de Parras e pedímoslle uns trucos. Ah! E Teatro Escoitade trae a gran montaxe, 8 anacos das máis de 50 que leva feitas dende 1972.
    2 hr
  • Xoves 27/10/2022
    Animamos a semana con música? Versións dos 80 con El hechizo de Nora. Afortunados fomos que os tivemos no tenderete da radio e gozamos dun miniconcerto! Vós a disfrutalo na sesión vermú.
    E logo imos de viaxe polo planeta cos instrumentos milenarios de Abraham Cupeiro, que domingo volta tocar coa banda de Valladares. Ademáis, descubrimos 'rutas verdes' pola cidade con Galisacra.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!