ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Luns 12/12/2022
    Para comezar a semana normal, nós ó revés como o caranquexo… ou mais ben coma as cigalas. Imos #tirardearquivo e recuperar a conversa sobre o mundo das cigalas co IEO, a visita ó Museo Anfaco e a baixada ó 'fondo do fondo do mar' no batiscafo de Héctor Salvador.
    2 hr 3 min
  • Venres 09/12/2022
    Sras e Sres, benvidos ó mundo do Teatro Escoitade. 50 anos de representacións, algún corto e… nós, colámonos entre bambalinas.
    2 hr 2 min
  • Mércores 07/12/2022
    Outro #tirandodearquivo para este mércores… Botamos as dúas horas de palique con Diego Troula, co actor Denís Gómez, sae na peli ‘O home e o can’, e coas Fillas de Cassandra.
    1 hr 59 min
  • Luns 05/12/2022
    Nestes ‘días raros’ entre tanto festivo, traemos especiais #tirandodearquivo. Conversa de luns co payador Wilson Salywonczyk, improvisación doutro lado do Atlántico. O ‘Son galego son cubano’ de Roi Casal. E Purple Rei, o mellor de Prince traido ó galego.
    2 hr 1 min
  • Venres 02/12/2022
    A figura de Fraga da para moito… Falamos con ButacaZero sobre a obra de teatro que andan argallando, #Iribarne. E logo quedamos na casa, que hai moitos plans... os concertos da banda, comezan sair as rondallas e tamén volve a comida dos maiores.
    2 hr
  • Xoves 01/12/2022
    Visitar Toralla ou Carabela da Pinta cunhas gafas de realidade virtual xa é posible gracias á Xoia. Tamén falamos sobre os recetarios de Pereira, que ven de sacar un sobre a cociña de Emilia Pardo Bazán. Ademais, damos unha volta polo percorrido do trail do Eifonso e coñecemos o novo parque de aventuras que vai abrir no monte de Beade, Marikiná Park.
    2 hr 1 min
  • Mércores 30/11/2022
    Deportes… un ben completiño, falamos de triatlón coa xente do clube Mar de Vigo. Ademais coñeremos un pouco máis da historia de Teatro Escoitade, desta vez daremos unha volta con Remixio pola escenografía destes 50 anos. E non nos esquecemos de que é San Andrés e hai festa no torreiro! E rematamos indo ata o dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños.
    2 hr 1 min
  • Martes 29/11/2022
    Falamos con Mari Carmen Duarte, que publicou unha reportaxe sobre Vigo na revista de viaxes de National Geographic. Ademáis conversa, con calma, co investigador Carlos Spuch.
    2 hr 1 min
  • Luns 28/11/2022
    Arrincamos semana con conversas interesantes. Imos coñecer a Pablo Puga, o novo director da Xove Orquestra Sinfónica de Pontevedra. Falamos coa xente de Polo correo do vento sobre o libro de María Casares e imos ata Zamáns a Radiación Paintball.
    2 hr
  • Venres 25/11/2022
    Xa de volta no estudio falamos coa xente de Soltec sobre enerxías renovables e eficiencia enerxética e como e o Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres coñecemos que están a facer no IES Valadares, no seu clube de Diversidade. Ademáis axenda, que hai moitos actos para conmemorar esta data.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!