ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Mércores 19/04/2023
    O balonmán vigués pode presumir de exportar canteira. Desta volta falamos con Roi Sánchez, adestrador do Club Balonmano Burgos. Ademáis imos ata as Illas Atlánticas para falar dos morcegos que alí habitan e conversa coa costureira Bego Martínez sobre o traxe tradicional galego.
    2 hr
  • Martes 18/04/2023
    De pedras, do que queda gravado nelas. Un programa completiño para este martes. Imos ata Madrid, ao Museo Arqueolóxico Nacional falar de instrumentos antiguos, da 'vetrina 0'. Tamén facemos parada en Oia, coñecer ao canteiro Xabi Garrido e as súas cunchas reflectantes para os peregrinos.
    2 hr
  • Luns 17/04/2023
    Un paseo polo mar, con calma, que comeza a semana. A Asociación Piueiro ven de presentar a reedición de “De mar a mar”, de Feliciano Rolán. Ademáis coñecemos que é o que se sube aos barcos, que comen, con Frutas Araújo. E achegamonos ao último proxecto no que andan metidos en Polo Correo do Vento en colaboración coa Deputación de Pontevedra, un paseo moi xeitoso polas Letras Galegas nos seus 60 anos de historia.
    2 hr 1 min
  • Venres 14/04/2023
    Vai un Esperta con propostas para este venres. Paramos en Tui no O Novo Cabalo Furado a probar o meixón ou a angula. E para rematar, que tal un cóctel? Conversaremos co barman do Alqvimia en Lugo. Ah, e a música a de Xiao Berlai, e o seu novo proxecto 'Estampas galegas'.
    https://www.verkami.com/projects/35104-berlai-estampas-galegas?fbclid=IwAR0iEepv_7ofZ2ClhE04JNozX991bMaO-couIZv5-ghNUrMxCFMNP6-MIJ4
    2 hr 1 min
  • Xoves 13/04/2023
    Historias… a nosa historia… Falamos no Esperta con Sohail Noori, presidente da comunidade afgá en España (ACAE). Tamén coñecemos a figura de José Gil, o pioneiro do cine galego nos inicios do 1900, da man do seu 'biógrafo' Manolo González. E damos unha volta polo CUVI, para coñecer a programación cultural desta primavera, que organiza Extensión Universitaria.
    2 hr 1 min
  • Mércores 12/04/2023
    As tradicións hai que mantelas, os mércores toca deportes! Comezamos tempada falando de horseball co Club Hípico La Muralla. Ademáis, imos a Ourense coñecer o traballo do Inorde e as súas propostas de promoción turística da provincia, e descubrimos o mundo das palmas da man da artesá Miriam Barbosa.
    1 hr 57 min
  • Venres 29/12/2022
    Para rematar o ano, vai este último especial coa conversa sobre os traxes galegos, na época en que os fotografou Ruth Matilda Anderson, con Sete Espadelas. O paseo pola sede de Delikia, parando a saborear un espresso de Root Café. E, finalmente, a descuberta do Museo dos Aromas.
    2 hr
  • Xoves 29/12/2022
    Rescatamos as historias de xente que anda polo mundo adiante facendo cousas peculiares. Begoña Vila, astrofísica na NASA; David Russell coa súa guitarra clásica ó lombo; Cristina Pato, que escribe novelas dende o seu apartamento en Nova York; e Abraham Cupeiro, na procura de instrumentos de vento ancestrais.
    1 hr 56 min
  • Mércores 28/12/2022
    Nestes tres últimos días do ano, ides escoitar especiais con xente moi xeitosa que foi pasando ó longo desta tempada do Esperta. Aquí vai unha de libros: ‘O herbario de Rosalía’ e ‘Os bolechas’. E outra de bares: Noite Tapas en Bueu e a peculiar vida de Guillermo Pardavila, músico residente no Lembraza do Courel,
    1 hr 56 min
  • Martes 27/12/2022
    Conversaremos sobre a industria do videoxogo galego coa xente do Museo do Videoxogo. Venres á tarde, vai andar por alí o creador vigués ViJuDa para que poidades experimentar e fuchicar no seu SUPER WODEN GP 2 (vai de rallys).
    Ademais, 'O Nadal en familia', as propostas para estas tardes, ás 18h no auditorio de Valladares. O Mago Marco, AsSircópatas Sirco 'Rogelio, un paiaso en recuperación', Fran Rei ‘Súperheroe' e Títeres Natuacasa ‘Operación Plancton’.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!