ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES

By Radio ValladaresSociety & Culture
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARES episodes

  • Martes 16/05/2023
    Os martes vai patrimonio, e éste vai moito. Falamos con Martín López Nores do proxecto rurAllure, imos ao fondo da ría de Ribadeo coñecer os pecios que alí se atopan e conversa con Jasper e Nébeda, que veñen presentar ao Centro Veciñal e Cultural a súa LOITA AMADA.
    2 hr 4 min
  • Luns 15/05/2023
    Na semana das Letras Galegas achegámonos ao homenaxeado deste ano cun cómic “Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil”, detrás do que anda Antón Mascato e Pepe Carreiro. Ademáis maios, San Isidro labrador… e repentismo transoceánico con Wilson Saliwonczyk. E comeza o Miúdo Fest no Territorio Cultural Pedriñas.
    2 hr
  • Venres 12/05/2023
    Os artistas do colectivo Pekolejo andan pintando o mural dun atún xigante na entrada do pavillón e falamos con eles. Ademáis, conversa con Alecrín Monicreques e a súa peculiar homenaxe a Fernández del Riego. E algo de música soul viguesa con Carolina, a tremenda voz de La Negra.
    2 hr 1 min
  • Xoves 11/05/2023
    Comeza a tempada de curros. O da Valga, en Oia é este domingo. Se os cabalos tiveran un santo patrono, cal sería? Imos preguntarllo ó historiador Xoán Carlos Abad, que sabe moito dos da provincia e os recolleu nun libro. E ademais, coñecemos a unha poeta made in Valladares, Iria Bragado.
    2 hr
  • Mércores 10/05/2023
    Quen non andivo por Cesantes querendo voar como os do kitesurf? Conversammos coa xente de TMKiteClub Cesantes. E logo, pés na terra, que domingo hai andaina polos Montes de Vigo e coñecemos os 4 roteiros para patear. Ademáis, unha de fanzine, coa Cooperativa de Educación Alalá.
    2 hr 2 min
  • Martes 09/05/2023
    Os poemas de Celso Emilio dan para moito. A compositora Carme Rodríguez deulle para crear a peza 'Preludio da noite sulagada', que interpretou a Orquesta Clásica de Vigo no seu peche de tempada. As experiencias do cineasta Rubén Riós na webserie ‘Arrieiros somos’, colleu xeito de libro. Rematamos Esperta con outro estilo musical, Calle del Ruido que ven de versionar ós portugués Xuto.
    2 hr 1 min
  • Luns 08/05/2023
    Para comenzar a semana, que tal a vista atrás? Imos saber dos ‘intringulis’ do concurso de piano de Vigo co seu director artístico, Pablo Galdo. Tamén nos metemos nos fogóns do Paparra, bocatas e mais bocatas. E un libro, ‘El secreto de las hermanas Asorey’ de Marta Estévez.
    Para perder o tempo: https://www.udeuschle.de/panoramas/makepanoramas.htm
    2 hr 3 min
  • Venres 05/05/2023
    Venres cultureta. Ven o día da muiñeira e houbo quen lle fixo unha ó pulpo, o gaiteiro Isidro Vidal, que vai e sacar disco. Ademais, coñecemos a proposta que tanto presta en Saians, as Picnic Sesions. E para rematar, todas estas findes de maio hai celebración das Letras Galegas no CVCV. Un programa do mais variado.
    2 hr 3 min
  • Xoves 04/05/2023
    A piques de rematar o festival Creativa achegámonos á galería Maraca coñecer a súa proposta cultural. Último paseo con Ruth Matilda Anderson… imos á taberna… e despois de furancho a Gondomar, á de Martín en Mañufe.
    2 hr

About ESPERTA VALLADARES

From the publisher's feed

ESPERTA VALLADARES é o noso magacine, de luns a venres de 10:00 a 11:30. Actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo!